O ED AS MIÚDAS XÚNTASE EN FAMILIA PARA REIVINDICAR O “NON O MACHISMO”, CUN VÍDEO E VARIOS ACTOS.

O ED As Miúdas xa nos ten agasallado máis dunha vez con saidas o campo con camisolas, pancartas, mans de cor lila, etc. Desta volta foron un paso máis alá e fixeron un vídeo conxunto cas nenas das categorías de base ata as senior e como non, “as mamás”, que como nos dí o adestrador Fran Figueroa : “son indispesables no día a día”. Para facelo vídeo colaboraron o CIM Muros e o UD Monte Louro coa ED Os Miúdos.

O propio adestrador muradán do equipo costeiro das Escolas Deportivas Os Miúdos de Muros que preside o noso gran amigo e colaborador Vinto Tajes, explícanos tódolos entresixos deste fermoso vídeo que pùbricaron co gallo do “25 N”, “Día Internacional da loita contra a violenza de xénero”.

“O do video non é aljo que se pense nun día, e creo que como equipo feminino que somos temos parte de responsabilidade de aportar máis que no campo, xa que solo estamos empesando e eso sije sendo un mundillo machista por moito que se avansara ainda queda un mundo por diante para que se valore como merese. Nas Miúdas sempre fixemos cousas como equipo que non solo se queden en xojar, no primeiro ano xa fixemos un “Día da nai futbolista”, onde as nais das xogadoras e outras moitas se animaron a calzar as botas e disfrutar no “Eleuterio Balayo”, personalmente creo que a visibilidade é o máximo que se pode facer para normalizar o noso deporte.

 

 

Neste caso concreto levaba tempo coa ilusión de xuntar un día a todas as deportistas desde biberóns ata senior, e que mellor ocasión para facelo que pelexar contra a violencia machista, a todos nos vai moito neste tema. Despois solo tuven que propoñer a hora e aí aparece o de sempre, unha das sortes máis grande que temos a nivel equipo é a de contar con Chema Caamaño, para min, tan importante é él coma marcar goles, sempre disposto. É o noso reporteiro, afisionado, un COMPAÑEIRO coma poucos, e ademáis ten un don para a música e para montar cousas chulas como a que se ve neste último video, cando lle falei da idea xa se puxo a maquinar, chegamos ó campo de Louro ás 12 e en 2 horas xa estaba o peixe vendido.

Despois tamén están as nais e pais das xogadoras, podo presumir tanto co equipo senior como cando vou cos enanos que na grada tamén somos o mellor equipo, é triste dicilo pero vese cada historia que é para estar contentos de contar con unha afición tan sana e divertida, ademáis podes pedirlle axuda e aparecen mans de máis.

O lugar de grabación xa non é que sexa a nosa segunda casa, porque se pode dicir que é como a primeira, desde o día 1 que empecei coas Miúdas en Louro non nos falta de nada, é unha pasada pero nunca tuvemos un “pero” cando necesitamos campo, material, facer unha churrascada,… Joe sempre está o noso lado, como siareiro e como anfitrión. So temos boas palabras para a UD.
E o material desta campaña contra a violencia machista, como cada ano estou en contacto co CIM Muros, e elas nos proporcionan, ademáis do material, todo cando pode sumar para acabar con esta lacra.

 

 

En definitiva, a miña idea das Miúdas sempre quixen que foran máis que un grupo de deportistas, o EQUIPO somos moito máis que futbolistas e adestradores, gracias a ED Os Miúdos e a Vinto, temos a liberdade de promover este deporte máis alá dos 120×90 que mide un campo e máis incluso dos vestiarios. Si hai tanta xente que simpatiza coas nosas é porque son verdadeiras embaixadoras de canto se fai polas que están e as que veñen detrás, e podo asegurar que a canteira trae auténticas fieras.

A miña sensación é que xa me empeza a quedar grande todo este equipo e é unha pasada vivilo así o lado de todas, un máster na vida en solo 3 anos. Ahora tamén digo, esta campaña ten que ser moito máis que un bonito video e unha letras en carteles, si non nos damos conta que debemos educar no feminismo solo vai quedar neso, polo que mamás e papás somos responsables de que os que veñen saiban que o natural é a “igualdade sin donos”.

 

-Fotos : Chema Caamaño
-Texto : Fran Figueroa
-Vídeo : ED As Míúdas

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.