O ED AS MIÚDAS QUE ACABOU XOGANDO CON 10 POR LESIÓN DE SABELA DERROTA AO LIDER XUVENTÚ AGUIÑO, (1-0).

 

ED As Miúdas 1-0 Xuventú Aguiño

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “As Miúdas puxeron fin o pleno de victorias das líderes, un Xuventú de Aguiño que viña o Eleuterio Balayo sin conceder un so punto ás suas rivales en 15 encontros disputados, pero que toparon cun equipo local que, a pesares de contar con numerosas baixas, so 14 foron da partida, nublaron as posibilidades das barbanzanas mostrando a versión máis xenerosa como conxunto para deixar en Muros os 3 puntos.
O partido arrancou con 2 ocasións nos pes de Rut, máxima artilleira das visitantes que solo foi quen de poñer en perigo a meta de Adri nestes minutos iniciales, posto que tralo susto as “rossinejras” defenderon o verde de Miraflores con canto tiñan disputando de maneira contundente cada envite levando á desesperación ás experimentadas xogadoras rivales, que non atopaban ocos entre axudas e coberturas das locales.

Ás contras das muradanas viñan polas bandas, onde Marta e Ainoa entraban en velocidade pero apenas concretaban ante Rosalía. Ata que, nun centro dende banda esquerda, o balón peta na man da lateral visitante, a execución de Antía non pudo ser mellor, a pesares de estar escorada no lateral da area, puxo o balón imparable facendo soar o marco interno da misma escuadra para ledicia da bancada local no minuto 19 de encontro. Continuaba a batalla con dous equipos disputanto ó límite cada balón, cun medio campo dominato tímidamente por Mon e Alitas, pero que batían cunha defensa que parecía un muro insalvable e con Siaba mostrando seguridade nos balóns que cruzaban a zaga.
E así se chegou ó descanso.

Volta á “guerra” nuns 45 minutos que pasaban voando para as de Aguiño, que con máis corazón que cabeza querían pero se desesperaban entre protestas ante o oficio dunha Miúdas coa funda de traballo no corpo e coa confianza propia de saberse capaces de defender e incluso ampliar a renda tan merecida. Laura recibiría cartón amarelo por cortar un contraataque nos pes de Alitas. E o xogo apenas pasaba do centro do campo con tímidas aproximacións que non chegaron a inquietar a ningunha das porteiras. 

Cos 3 cambios feitos, chegaría a lesión de Sabela para as locales que sufreu un esguince no minuto 40 do segundo acto, co que as locales acabarían os últimos 10 minutos (5 de desconto) en inferioridade pero amarraron con coraxe unha victoria tan merecida como traballada ante o rival máis forte da categoría que, malia a derrota, segue a manter o liderato con 3 puntos de distancia sobre o Arzúa, eso si, ve truncado o obxectivo do pleno de victorias. Pola contra, victoria balsámica e motivante, para unhas Miúdas que miran adiante con optimismo e que recuperará efectivos para os vindeiros envites, sabedoras de que son capaces de batir a calquer rival cando se entregan en conxunto”.

 

 

ED As Miúdas : Siaba, Isa, Sofía, Antía, Marcela, Laura, María, Pati, Ainoa, Marta e Eva.
Tamén xogaron : Sabela, Iria e Saray.

Goles : 1-0, Antía, (19´).

 

 

Árbitro : José ramón Fernández. Amosou un só cartón amarelo, a xogadora local, Laura, (50´).

 

 

CLASIFICACIÓN

O ED As Miúdas con estes 3 puntos, suma 27, na 7ª praza a 1 punto do Touro SD, (6º), que marca os postos de promoción de ascenso e a 2 do Santiso FC, (5º), e a 4 do CD Unión, (4º).

 

PROXIMA XORNADA

O equipo muradán visita o vindeiro 9 de Febreiro ao Santiso FC a partires das 16:00 horas no Municipal de Santiso. Un trunfo das muradanas levaríaas a praza de promoción.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos : Iria Lajo

-Texto : Fran Figueroa/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies