O DUMBRIÉS VÍCTOR SENRA CAMPIÓN DO “42º RALLLY DO SAN FROILÁN”.

 

O dumbriés Victor Senra co seu copiloto David Vázquez, acadaron a primeira posición no “42º Rally do San Froilán”, quedando en segunda posición o lucense Alberto Otero e na terceira completaba o podio o gondomarense Alberto Meira. 

Con iste trunfo Senra colle ventaxe na clasificación do campionato, tras acadar tamén a vitoria no “Rally da Coruña”. No programa da Galega “Gas o fondo” decía o corredor dumbriés que : “Saímos fortes e collemos diferencia. A partir de ahí centrámonos en manter eses segundos. A pelexa foi bonita e un rali para gardar na lembranza”.

As próximas citas para o dumbriés son o “Rally da Mariña” e o “Rally Botafumeiro”, se se levan a cabo pola pandemia. Se se disputase un dos dous soamente xa serían campións.

-Foto e Texto : Gas a Fondo/piratasdemuxia