O DUMBRÍA PLÁNTALLE CARA O COMPOSTELA E CAE NOS PENALTIS NA COPA DEPUTACIÓN

 

“XXXI COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA”

(Oitavos de final)

 

CF DUMBRÍA 1-1 SD COMPOSTELA

O CF Dumbría da 1ª Galicia G2 plantoulle cara a SD Compostela e mereceu pasar de rolda nos Oitavos de Final da “XXXI Copa Deputación da Coruña”.

Os dumbrieses que se adiantaban no marcador aos 33 minutos de xogo vían como lles empataban os “picholeiros” 3 minutos despois cun tanto en propia porta de Matías. Non se movería o marcador na segunda metade e tivo que procederse a tanda de penaltis para dilucidar quen pasaría o corte. aí foron mellores os santiagueses que gañaban po 2-4.

CF Dumbría : Sergio, Gusa, Caamaño, Pablo, Matías, David, Sergio Codesal, Sergio Cambeiro, Yuyo, José Marcote e Darío. Tamén xogaron : Samuel, Diego Cespón, Ánxo, e Xabier.

Goles : 1-0 José Marcote, (33´); 1-1, Matías, (36´en propia porta)

Árbitro pricipal : Alberto Baña

Asistentes : Óscar Santos e Juan Marcos Ríos.

Cartóns : Ánxo do CF Dumbría veu o único cartón do encontro.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies