O DUMBRÍA NON AFLOXA E SUMA A SEXTA VITORIA DE 6 ENCONTROS NA XORNADA DE CADETES XOGADA NO “DÍA DO PILAR”.

LIGA DA COSTA CADETE

(1ª Galicia Cadete G2 A Costa)

6ª Xornada

O Dumbría lidera en solitario e con solvencia.

 

Tal como vos apuntábamos na Axenda de todo o Fútbol 11 Base da Costa, no día de onte, “Día do Pilar” xogábse o completo unha xornada na Liga da Costa Cadete, para na fin de semana xogarse a 7ª xornada, non así nos infantís e xuvenís. 

Nesta 6ª xornada que se xogou onte o CF Dumbría segue a amosarse sen fisueras e sumaba a sexta vitoria en seis encontros e non afloxa a pesares da presión que ten por detrás, pois ten a Outes, Escola de Fútbol “Juan cabrejo”, Xallas FC e Soneira SD, con 15 puntos, a 3 deles, e se os dumbrieses están invictos, tamén o están, os outeses e os camariñáns. Marcáronse nesta sexta tirada da liga cadete a frioleira de 58  sendo os encontros máis destacados neste senso o Ponteceso-Corme, derbi no que so opontecesáns lle fixeron un 10-0 aos veciños e ó 9-0 que lle endosou o EF Concellod e Camariñas “Juan Cabrejo” ao CF Mazaricos.

 

Muxía 1-4 Xallas

12/10/2023 as 11:30 horas

Soneira 5-1 Miúdos 

11/10/2023 as 18:30 horas

Ponteceso 10-0 Corme 

12/10/2023 as 18:00 horas

Esteirana 2-4 Dumbría

12/10/2023 as 17:00 horas

Sofán 0-3 Cee

12/10/2023 as 12:00 horas

Cerqueda 0-4 Fisterra

12/10/2023 as 11:00 horas

 Cabana 1-6 Coristanco 

12/10/2023 as 18:00 horas

EF Concello Carnota 2-6 Outes 

12/10/2023 as 17:00 horas

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 9-0 Mazaricos 

12/10/2023 as 16:30 horas

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-7ª Xornada-

Muxía  Soneira

15/10/2023 as 11:00 horas

  Miúdos – Ponteceso

15/10/2023 as 11:00 horas

 Corme – Esteirana 

15/10/2023 as 11:00 horas

 Dumbría – Sofán

14/10/2023 as 10:30 horas

 Cee – Cerqueda

15/10/2023 as 11:00 horas

  Fisterra – Cabana

15/10/2023 as 12:00 horas

  Coristanco – EF Concello Carnota 

15/10/2023 as 12:00 horas

  Outes – EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 

15/10/2023 as 11:00 horas

  Xallas – Mazaricos

15/10/2023 as 12:30 horas

 

-Foto : Huelbis

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com