O DUMBRÍA LÉVASE A COPA DA COSTA ANTE O MUXÍA EN HOMES E MULLERES NOS PENALTIS.

O Dumbría levouse as duas copas.

Tarde solleira no “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee), cunha extraordinaria entrada para ver as finais da Copa da Costa en Mulleres i en homes con máis de 2.000 afeccionados, (1.800 pasaron por taquilla).

Tocoulle a lotaría ao CF Dumbría e o “outra vez será” ao Muxía e con esto as bágoas ca desilusión pois ambas finais se dirimiron na tande de penaltis na que foi mellor o clube dumbries tanto en mulleres coma en homes.

O resultado na copa da féminas foi 1-1. Adiantáronse as muxianas no 39 cun gol de Claudia, (39´), e empataba o encontro Paula Fandiño, (45´) para as dumbriesas. Na quenda de penaltis o resulltado era de 4-3 para as do Dumbría que erraban 1 por 2 das muxianas.

Nos homes o resultado o final do tempo de xogo era de 2-2. O Dumbría poñíase 0-2 con goles de Xabi, (26´) e Marcote, (29´). Acurtaba pasada a media de hora Fran Moreira, (39´), e empataba na segunda metade Iago Muiño, (59´). Os dumbrieses xogaban cun menos por expulsión de Dani Chao no final da primeira metade e o Muxía a pesares das numerosas baixas creceuse tralo empate e puido sentenzar antes do final do tempo de xogo. Pasouse a quenda de penaltis e aí gañaban a copa por segundo ano consecutivo os de Dumbrá que materializaban 5 penaltis namentras que o Muxía facía 4.

Nos prolegómenos do encontro fíxoselle unha homenaxe aos 5 superviventes da final que xogou o equipo muxiáns no 1966 e do que vos trouxemos unhas entrevistas nas que volos demos a coñecer. Un acto verdadeiramente merecido e entrañable en agradecemento a estes e en lembranza dos que xa non están. O encontro tamén valeu de despedida do colexiado Óscar Santos que foi agasallado polos seus compañeiros cunha camiseta firmada por tódolos colexiados da delegación da costa e foi manteado e cantáronlle o de : “Óscar quedate…!!!.

Durante a xornada do luns e o resto da semana iremos desgranado primeiro as crónicas dos encontros e pouco a pouco todo o que deron de si estas duas finais, que foi moito.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies