O DOUTOR, CARLOS LARIÑO, EXPLICA O QUE SE FIXO E O QUE VAI FACER NESTA PRETEMPADA NO ASPECTO MÉDICO.

 

Carlos Lariño, xefe dos Servizos Médicos do Club, indicou aos medios de comunicación que a actividade “empeza coas probas médicas como facemos todos os anos. Este ano facémolo aquí porque temos a colaboración de QuirónSalud, que nos permite facelas na súa rede de hospitais e na clínica de ABANCA-RIAZOR”.

Explicou que as probas “van desenvolverse en dous días. O primeiro facémolo na clínica de QuirónSalud coas habituais: analítica sanguínea, electrocardiograma, medición de peso e pliegues, e unha exploración clínica básica. Os futbolistas novos están xa vistos grazas a QuirónSalud porque puidemos velos nas súas localidades de orixe”.

Mañá venres 9 de xullo, a actividade continuará en Abegondo e “consistirá en probas máis de campo: test de salto e ver a condición física de cada un”.

Lembrou o doutor Lariño que “estamos nun momento álxido de COVID-19 co cal todos van ter un test de antíxenos nada máis chegar á clínica porque pertencen a unha idade complicada agora, que é onde están todos os casos”.

Se houbese algún positivo, os Servizos Médicos do Club seguirán os protocolos sanitarios establecidos pola Xunta de Galicia: “Se algún test de antíxeno dese positivo inmediatamente fariamos unha PCR e un illamento de 10 días. Ademais rastrexariamos todos os contactos, como vimos facendo todo o ano”.

A continuación, detallou a situación médica de dous futbolistas: Pablo Brea e Jorge Valín. “A final de temporada tiveron intervencións cirúrxicas nun xeonllo e as cadeiras respectivamente. Pablo Brea está xa facendo traballo de campo, levamos con el todo o verán. Calculamos que nunha ou dúas semanas incorporarase ao grupo de forma normal. A Jorge Valín calcúlolle catro semanas máis para poder adestrar co grupo”.

Así mesmo, Carlos Lariño confirmou que Héctor Hernández, ademais de Alberto, “está a acabar un confinamento por un virus que está de moda e o luns terémolo aquí”.

O primeiro adestramento do cadro ás ordes de Borja Jiménez será o luns 12 de xullo a partir das 10:30 h. na Cidade Deportiva de Abegondo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies