Domingo ábrese o prazo de inscrición para a 41ª liga de fútbol sala de carballo.

 

A Agrupación Deportiva Carballo inicia a 41ª edición da Liga de Fútbol Sala de Carballo. Dende o día 15 de setembro ata o 10 de outubro estará aberto o prazo para inscribirse na competición.

A competición constará dunha Liga Regular, que enfrentará a tódolos equipos que se inscriban entre eles. Do resultado na táboa clasificatoria sairan os compoñentes das Ligas de Play Off, atendendo á posición acadada en dita táboa.

Como novidade, nesta edición incluiremos equipos veteranos, como mínimo deberemos contar con 6 equipos para formar liga de veteranos. Consideraranse veteranos os equipos que se formen con membros maiores de 30 anos. No caso de non facer grupo de 6 equipos os equipos veteranos que se inscriban contarán con mención especial e trofeo veterano que se entregará como cada ano na cea de fin de tempada.

O primeiro partido da tempada é como cada ano, a Super Copa da Liga que se disputa entre o campión dos Play Off e o campión da Copa da Liga.

Os equipos inscritos tamén xogarán a Copa da Liga, neste caso a competición é a KO directo e os efrentamentos realizaranse por sorteo o día da reunión dos delegados. Contaremos tamén cos trofeos Pichichi, trofeo Zamora, trofeo Fair Play tanto para a Liga Regular como para os Play Off e o trofeo ó xogador máis valioso dos Play Off. Tódolos equipos terán un trofeo por participar na competición, que se entregará na cea de fin de tempada co resto de trofeos da competición.

Os equipos poderán estar formados por membros de calquera xénero, puros ou mixtos maiores de 16 anos. Tódolos trofeos da competición serán entregados ó remate da tempada, durante a cea de clausura da Liga de Fútbol Sala de Carballo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es