Como cada tempada despois do peche de mercado o director deportivo de turno, neste caso Richard Barral, pasará por rolda de prensa para explicar as opercacións realizadas neste mercado pechado na noitede onte e do que vos demos contada información.
As críticas a confección da platilla deste curso, danlle morbo a comparecenza de Barral, que está a ser sacrificado nas redes sociais en especial en Twitter, onde abunda contas falsas, que non buscan máis ca a desestabilización e a tensión antre o deportivismo.
Non imos a alabar o traballo da dirección deportiva nesta campaña, que é a que toca falar, pois sí estamos dacordo en que se errou en varias contratacións, o traer algúns xogadores tirando unha moeda o ar a ver se sae ben ou non. Agora toca seguir apoiando e deixarse de meter lume en guerras que só lle benefician aos medios e forzas antideportivistas, e buscar solucións o final de tempada.
No día de onte esperábamos un dianteiro acorde a categoría, parece que se tratou de contratar a Sergio Moreno, xogador que milita no Mirandés, cedido polo Rayo, pero as malas relacións antre os clubes impediron que viñese, tendo o visto bo do Rayo e do xogador.
Chegou e debutou Raí, que parece que mellora a Rui Costa, e chegan dous rapaces de 24 anos do Fabril, que apuntan maneiras e gañas, Villares e Rayco. Marchou Rolan, que beneficia no económico, (ao igual ca Rui Costa), pero que non amosou ser superior a ninguén, a pesares dos 2 goles que marcou que supuxeron 4 puntos, moi valiosos.
OUTRAS NOVAS
O encontro aprazado do Fabril co Paiosaco xa ten data
O partido do Fabril ante o UD Paisaco H. Añón que se tiña que disputar o 17 de xaneiro (13ª xornada) e que foi suspendido por COVID-19 no conxunto larachés, xogarase finalmente o mércores 10 de febreiro ás 20:00 horas na Porta Santa.
Faltan por determinar agora as datas dos dous últimos partidos do Fabril no subgrupo A, tamén aprazados pero por un caso de COVID-19 no vestiario fabrilista: o derbi ante o Silva SD en Abegondo do domingo 24 de xaneiro (14ª xornada) e a visita ao CSD Arzúa (15ª xornada) prevista para o domingo 31 de xaneiro.
Antes do encontro ante o UD Paiosaco H. Añón, o equipo que prepara Juan Carlos Valerón mídese o sábado 6 de febreiro ás 17:00 en Abegondo ao Racing Villalbés, en choque correspondente á 16ª xornada.
O Fabril ten 21 puntos e é provisionalmente quinto na táboa, a tres puntos da terceira praza, agora ocupada con 24 puntos polo Racing Villalbés (un partido menos) e Polvorín FC (dous partidos menos).
Nova Deportenda Outlet na Rúa Real
Dende o pasado luns na Rúa Real 59 e en deportienda.es novas Deportendas OUTLET. Dous novos espazos cheos de oportunidades, con descontos exclusivos para socios protectores ata o 14 de febreiro. Descontos en algúns artigos de ata o 80%.
-Foro : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia