O DIANTEIRO “MIKU” EX DO VALENCIA E RAYO VALLECANO XA ESTÁ NA CORUÑA PARA ASINAR POLO RC DEPORTIVO.

Miku co Omonia Nicosia

 

O exxogador do Valencia CF e Rayo Vallecano,  Nicolas Ladislao Fedor “Miku”, de 35 anos de idade, cumpridos o 18 de Agosto, atópase na Coruña para asinar o seu novo contrato co Deportivo. O venezolano xa coñeceu esta mañá as instalacións de Abegondo e a súa fichaxe farase oficial en breve por unha tempada máis outra opcional. Só resta que supere a revisión médica. Miku desvinculouse fai tres meses do conxunto chipriota do Omonia Nicosia co que ven de ser campión de liga, e chega libre ao Depor para reforzar a dianteira con Claudio Beauveu e Rui Costa.

 

Uche Agbo preto de pechar a sua continuidade

O RC Deportivo leva semanas de conversas co Standard de Lieja para tratar un acordo de cesión dun ano máis de Uche Agbo co clube branquiazul. O clube belga déralle ao deportivista unha opción de compra, pero o descenso de categoría cortou a posibilidade dun traspaso, polo que se busca outra fórmula. O parecer todo está a punto de concretarse, en gran medida polo interese do propio xogador en seguir na Coruña. Uche completaría o medio do campo con Celso Borges que xa completou as probas médicas e que de non ser pola parada debido o caso de COVID-19 que se deu na plantilla, hoxe estaría en Abegondo co resto de compañeiros as órdes de Fernando Vázquez. Pola sua banda Vicente Gómez que se vai a Superliga India, ao Kerala Blasters do español Kibu, despedíase do clube e a afección, cunha sensación de as cousas non lle sairon como desexaba, ainda que agradecido por todo.

 

Mañán xoves retirada de carnets no Palacio dos Deportes

Segundo nos informan dende o clube : “Para unha atención máis áxil dos miles de Deportivista que renovaron ou deron de alta a súa abono vía online, desde mañá xoves 24 e até o 8 de outubro, poderán retirar o seu carné unicamente nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor e non na DéporTienda do Estadio como até este momento. O horario de atención neste punto será, de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16 a 20 h. Para unha maior rapidez na entrega, os portelos estarán habilitados para a retirada por orde alfabética de apelido do socio, un da Á a M e a outra da N á Z”.

.

-Foto : Sports Venezuela

-Texto : piratasdemuxia