Mañán Domingo 10 de Outubro do 2019 xogarase no San paio de Refoxos, (Xallas-Cee) por primeira vez un derbi de fútbol feminino federado. Nél enfrontaranse o UC Cee debutante na 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3 eo ED As Niúdas de Muros, que vai pola sua terceira tempada.
As ceenses chegan como terceiras con 15 puntos de 18 posibles de 5 encontros gañados e 1 perdido, con 23 goles a favor, (3º equipo máis realizador) e tan só 9 en contra, (2º menos goleado). Pola sua banda as muradanas preséntanse en Cee como cuartas con 10 puntos de 18 posibles, de 3 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, con 19 goles a favor, (5º equipo máis goleador) e 15 en contra, (7º equipo menos goleado).
Primeira vez que se enfrontan de maneira oficial, o que tiñe de histórico este encontro independientemente do resultado.
Muchi, coordinador do UC Cee, e que habitualmente nos aporta a colaboración cas crónicas dos encontros do equipo ceense, cré que o encontro : “É un partido histórico para o fútbol da Costa, vai ser unha festa. A pesares de sermos principiantes na competición, creo que vai ser un partido moi competido”.
Pola sua banda, Fran Figueroa, adestrador do ED As Miúdas, o noso colaborador en todo o que da de sí a competición para as muaradans espera : “Que estemos á altura, xa que chejamos con baixas en tódalas lineas. A última a nosa porteira entrenando onte, polo que Laura de novo terá que por os juantes. Pero competiremos con janas como sempre”.
UC Cee Vs ED As Miúdas
Xornada : 7ª
Día : Domingo 10/11/2019
Campo : San Paio de Refoxos
Hora : 17:00
Árbitro : Óscar Rey Sánchez.
-Texto : piratasdemuxia.es
-Fotos : UC Cee/ED As Miúdas
-Foto-montaxe : piratasdemuxia
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.