A RFEF xa deu a coñecer a data do derbi Depor-Coruxo correspondente a 4ª xornada de liga, será o vindeiro Domingo 8 de Novembro en Riazor a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), ca presenzadas cámaras da TVG2, e tamén retransmitido pola canle internacional da Televisión de Galicia e pola sua páxina web. Polo de agora non trascendeu o número de deportivistas que poderán acudr o estadio. Tras este encontro a 2ª B parará unha semana para retomar a competición o 21-22 de Novembro.
Antes o Depor rendirá visita o Unionistas de Salamanca este Domingo 1 de Novembro a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT), retransmitido pola canle de Streaming, “Footters”, no Estadio Reina Sofía de herba artificial de primeira xeración. Para este enconyto e os restantes do Depor fora de Galicia o clube deportivista chegou a un acordo con esta plataforma para poder contratalos polo prezo de 12 euros en total. Preme aquí para ver todaa información de como contratalo.
-Foto e Texto : piratasdemuxia