O DEPORTIVO XUVENIL TOCOULLE NA LOITA DA YOUTH LEAGUE O DINAMO DE KIEV, UKRAÍNO.

 

O Xuvenil A medirase ao FK Dynamo Kyiv ucraíno na eliminatoria de playoff da UEFA Youth League, tralo sorteo efectuado este mediodía en Nyon (Suíza).

A eliminatoria, a partido único, terá como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR o día 8 ou 9 de febreiro de 2022.

O FK Dynamo Kyiv ocupou a segunda posición do grupo E da Ruta Champions League, por detrás do SL Benfica portugués e por diante dos dous grandes favoritos a priori, o FC Barcelona, subcampión de España após perder a final ante o Dépor (3-1), e o FC Bayern München alemán.

O equipo ucraíno gañou os seus dous primeiros encontros por goleada: 4-0 aos portugueses e 0-4 en Alemaña, para despois empatar en Barcelona (0-0) e a continuación golear aos azulgrana no seu Stadion Dynamo Valeriy Lobanovskiy (4-1). Cun novo triunfo ante os bávaros (2-1) e a súa única derrota, en Lisboa (1-0), pecharon a fase de grupos na segunda praza con 13 puntos, polos 15 do SL Benfica, os 4 do FC Barcelona e os 3 do FC Bayern München.

Con 5 tantos, a senegalés Samba Diallo foi o seu máximo goleador na fase de grupos. Volodymyr Brazhko, autor de dous goles de penalti, está sancionado despois de ser expulsado por doble cartón amarelo en Lisboa.

O FK Dynamo Kyiv gañou o campionato ucraíno sub-19 en cinco das oito temporadas en que se disputou, desde 2012, e ía líder durante a campaña 2019-2020 cando tivo que ser suspendido pola pandemia de COVID-19. O curso pasado foi subcampión por detrás do FC Shakhtar Donetsk e Kiril Popov, que continúa no equipo, foi o máximo anotador do campionato con 19 goles.

Non será a primeira vez que este club visite A Coruña, posto que o seu primeiro equipo disputou o Trofeo Teresa Herrera en tres ocasións consecutivas, 1981, 1982 e 1983, conquistando as dúas primeiras. Ademais, enfrontouse ao Dépor nunha ocasión, con motivo do Trofeo Forta disputado en Riazor no verán de 1993, con vitoria coruñesa por 4-2.

Este é o cadro completo do sorteo da rolda de playoff:

Empoli FC (Italia) – BV Borussia 09 Dortmund (Alemaña)
KRC Genk (Bélxica) – Chelsea FC (Inglaterra)
AZ Alkmaar (Países Baixos) – Villarreal CF
MŠK Žilina (Eslovaquia) – FC Internazionale (Italia)
HNK Hajduk Split (Croacia) – Atlético de Madrid
FC Midtjylland (Dinamarca) – Club Brugge KV (Bélxica)
RC Deportivo – FC Dynamo Kyiv (Ucraína)
Rangers FC (Escocia) – Sevilla FC

Desta eliminatoria sairán os oito equipos que completarán os oitavos de final cos oito campións de grupo da Ruta Champions League: Paris Saint-Germain FC, Liverpool FC, Sporting Clube de Portugal, Real Madrid CF, SL Benfica, Manchester United FC, FC RB Salzburg e Juventus FC. O sorteo terá lugar o 14 de febreiro e xogarase entre o 1 e 2 de marzo, tamén a partido único.

-Foto : Europa Youth League

-Texto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies