O DEPORTIVO XUVENIL QUEDOU FORA DA FINAL DA COPA DO REI ANTRE O INFORTUNIO A MALA SORTE E A NEFASTA ADMINISTRACIÓN DA FEDERACIÓN.

As imaxes parecen darlle a razón a Hugo Lemos.

 

Deportivo Xuvenil 1-2 UD Almería

O equipo Xuvenil A do RC Deportivo, adestrado por Manuel Pablo tivo todo en contra no choque de semifinais da Copa do Rei xogada no “Reino de León”. 

Se temos que analizar o encontro, na maioría do tempo de partido os rapaces deportivistas foron os únicos que tentaron xogar o fútbol e que levaron o peso do encontro, pero houbo varios condicionantes, dese infortunio, mala sorte e administración da “Final-Four” da RFEF.

Imos a ir por partes coma Jack o “Destripador”

-Primeiro punto en contra e debido a mala xestión da fase final por parte da RFEF : Non se deberían xogar os dous encontros no mesmo día, ou no mesmo campo. Primeiro xogouse o Madrid-Bilbao, (2-0), antes de xogalo queceron no campo ambos equipos. O terminar o encontro fixeron un adestramento os que non xogaron. Despois queceron os rapaces do Deprtivo e Almería, xogaron o encontro, e o campo estaba, brando, e impracticable en varias zonas, por tanta actividade sobre él. esto perxudicoulle os de Manuel Pablo, un equipo que xoga a un ritmo alto e que toca o balón, cousa que non puideron facer. Ata 5 esbaróns con pérdida de balón na primeira metade e 3 na segunda, así coma perdas de balón en pases cortos por mor do campo. O Almería beneficioulle, equipo que sempre estivo repregado no seu campo, a defnder e a buscar balóns longos e balón parado, (como así fpoi).

-Tralo gol deportivista que obrigaría aos almerienses a abrise e deixar espazos, sen tempo a nada, chega a mala sorte, gol en propia porta pola escadra de Seydi, nun centro que de seguro acabaría en nada.

-Non houbo o casións claras de gol, pero o único que o tetou loitando contra o campo e un adversario, que non quería xogar o fútbol foi o Deportivo.

-Con cáseque toda a segunda metade sen noticias deles, chegan no desconto os andaluces a porta deportivista, crean unha boa ocasión e saque de curruncho. Lanzamento e “gol pantasma”. Non vou dicir que non foi, pero a reacción de Hugo Lemos é moi clara…non, non, non!!!…O rapáz veo mellor ca ninguén e sabe que as cámaras poden desmentilo, pero o liña, que está un metro apartado da liña de gol, pita gol. Imposible que dende onde está o liña sexa capáz de ver se entrou ou non. Minuto 93, e a falla de menos de un minuto para ir a prórroga, destruen a ilusión e o traballo de toda unha tempada cun simple…”porque quero eu”.

Enormes os deportivistas, que de seguro que esto valeralles para seguir crecendo, e para o ano chegar con máis forza, basta ver a imaxe dos xuvenís do ano pasado no Fabril, que se quedaron as portas do ascenso a 2ª RFEF, e este ano son os prinicpais candidatos.

 

ROLDA DE PRENSA DE MANUEL PABLO

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”