O DEPORTIVO XUVENIL QUEDA FORA DA “FINAL FOUR” NA “MORTE SÚBITA” DOS PENALTIS.

Scaloni visitou a expedición deportivista na noite do martes.

 

Mallorca 1-1 Deportivo Xuvenil

Intres de dominio alterno na primeira metade na que un gol en propia porta poñía por diante os mallorquíns. Refácíase o Deportivo do mazazo e con dominio e presión alta conseguían empatar nunha gran xogada colectiva. Tralo gol chegaron os peores minutos dos de Manuel Pablo e o equipo insular ben puido ir o descanso con varios goles encontros, tras pérdidas inverosímiles no borde do área, na propia área e nas proximidades. O 1-1 o descanso oi a mllor nova.

Na segunda metade comezou mandando o equipo local e puido adiantarse pero pouco a pouco foise facendo ca bola o equipo deportivista e tamén gozou de boas ocasións, para logo nivelarse e convertirse por veces nun fútbol direto sen medio do campo. Os deportivistas reclamaron unhas mnas no área que o colexiado non pitou. Non se pasou do empate e chegou a prórroga.

A prórroga foi de novo un continuo golde de un e resposta do outro, pero de novo non se moveu o marcador para irse a penaltis. Penaltis os da tanda de 5 porequipo moi ben lanzados e imposibles para os porteiros. No primeiro da “morte súbita” erraban os deportivistas e no decisivo lanzaba o meta mallorquín, Juan Poll e a piques estaba de paralo Noya, pero supoñía o pase dos da illa a “Final Four”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies