O DEPORTIVO XUVENIL QUE ADESTRA O MAZARIQUENSE MIGUEL FIGUEIRA CAMPIÓN DA DIVISIÓN DE HONRA.

 

 

O mazariquense Miguel Figueira acadou cos xuvenís do RC Deportivo o título de campión da División de Honra de xuvenís e por conseguinte a clasificación para a Copa de Campións na que terá como primeiro rival ao Tenerife.

Os rapaces de Miguel Figueira derrotaban no día de onte o Val Miñor por 0-2. O equipo deportivista é a viva imaxe do bo traballo que se está a facer en Abegondo que tamén veu como o Fabril de Manuel Pablo se clasificou para o PLay-off de ascenso a 1ª Federación.

A nosa máis cordial noraboa a ambos equipos e tódolos que os forman.

-Foto e vídeo : RC Deportivo