O DEPORTIVO XUVENIL PASA A OITAVOS DA COPA DO REI TRAS DERROTAR AO C. VIGO, CON GOL DO FISTERRÁN HUGO BALDOMAR.

O “once” deportivista con Baldomar, (1º der. abaixo).

 

Deportivo 2-1 C. de Vigo

O Deportivo pasa a oitavos de final, tras un encontro xogado de poder a poder e no que os de Manuel Pablo adiantábanse no marcador cun tanto de Kevin o finalizar unha contra moi ben levada polos deportivistas. Antes os vigueses mandaran un balón o longueiro. Pouco despois o fisterrán, Hugo Baldomar, cun forte disparo dende a frontal facía o 2-0. Non tardaban en acurtar os visitantes de penalti. Resultado co que se chegaba ao descanso, e que a postre sería o definitivo.

Na segunda metade houbo ocasións para ambos equipos, e a falla de 5 minutos para o final dos 90 regulamentarios, os deportivistas quedaban cun menos, o ver Rubén López o segundo cartón amarelo da sua conta particular, pero aguantabaron ben as acometidas celestes. Hugo lemos no 90 salvou unha ocasión a bocaxarro dos visitantes.

 

-Foto : RFGF

-Texto : piratasdemuxia