O DEPORTIVO XUVENIL NON SOUBO XESTIONAR OS DESCONTOS DE CADA TEMPO E TERÁ QUE TIRAR DE HERÓICA EN RIAZOR, (3-0).

 

Pogoń Szczecin 3-0 Deportivo Xuvenil

O Deportivo Xuvenil sufreu unha derrota máis abultada do que se lle prevía no Estadio Municipal Florian Krygier de Szczecin, ante un equipo o polaco que baixou xente do primeiro equipo para este seu debút na Europa Youth League. Os poucos de comezar o enfrontamento un choque antre Brais Suárez e o xogador local, Krysztofek, facía que este último tivese que sair lesionado. Pasada a media hora d encontro e tras varias chegadas de ambos equipos, subía o marcador o primeiro gol do Pogoń Szczecin, gol de Fornalczyk, (39´). No Estadio Municipal Florian Krygier de Szczecin. Nada pasou ata o desconto do primeiro tempo cando,  Bak, facía o segundo, (47´), co que se ía o descanso.

Buscaba o equipo deportivista acurtar distanzas, pero nun choque moi físico no que sairon gañando os polacos, as cousas  comezaban a torcerse no 85, nese reparto de “leña”, Yeremay Hernández era expulsado por dobre cartón, polo que se perderá o encontro de volta, e co tempo xa cumprido, no 93´, Grzelka, facía o 3-0, que poñe costa arriba, pero non imposible o pase dos deportivistas. Decir que Brais salvou o cuarto no pouco que quedaba para o pitido final.

A volta será o vindeiro día o día 20 de Outubro a partir das 20:00 horas, (18:00 GMT), en Riazor. Dende o RC Deportivo deberían meterlle a estes rapaces os comezos do primeiro equipo en competicións europeas, aqueles contra o Aalborg e o Apoel de Nicosia, contra os que non se acadou o resultado desexado na ida e en troques na volta o primeiro levou un 5-0 e o segundo un 8-0. 

 

No 50´, Manuel Pablo daba entrada a Diego Gómez substituíndo a Nájera, e no 67´, Hugo Urdiales substituía a Mario Domínguez, ca mala sorte de que 8 minutos despois tiña que sair lesionado, sendo sustituido Nacho Díaz, nese intre tamén entraba o xogador costeiro, Hugo Baldomar, por Trigo e Garaboa por Teijo.

 

Goles: 1-0 Fornalczyk (min. 39); Bak (min. 45+2); 3-0 Grelka (min. 90+3)

Árbitro: Christopher Jaeger (Austria). Amoestou a Rezaeian (min. 3), Rubén López (min. 33), Fornalczyk (min. 52), Juan Rodríguez (min. 57), Mario Domínguez (min. 62) e Freilich (min. 90). Expulsou por dobre cartón a Yeremay (min. 52 e 86)

Incidencias: Partido de ida da primeira fase da Ruta dos Campións da UEFA Youth League disputado no Estadio Municipal Florian Krygier de Szczecin ante uns 3.500 espectadores

 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies