O DEPORTIVO XUVENIL FAISE GRANDE COMO CAMPIÓN.

 

O Deportivo Xuvenil A acadou un máis ca merecido título de campión, tras unha traxectoria inmaculada, a pesares dos problemas co COVID-19, e de que varios xogadores perdéronse moitos encontros o ir convocados co Fabril. Unha pedra no ansiado crecemento da canteira, que se ven vendendo nos derradeiros anos e iste, (tamén hai que decilo), non é froito dun só dia de taballo. Óscar Gilsanz, adestrador dos rapaces decía que : “Gañar non o é todo, superarse día a día, ese é o verdadeiro obxectivo.”, unha enorme verdade. Agora o traballo da nova diretiva será non deixar escapar este talento que temos tan grande, a un pequeno paso do primeiro equipo, a moi curto prazo.

Así nos contaban este día grande dende o RC Deportivo :

Galardón para o buque insignia de #ANOSACANTEIRA. Ao Xuvenil A, con dous puntos de vantaxe sobre o RC Celta no grupo 1C da División de Honra, valíalle hoxe domingo un empate ante o Real Racing Club en Abegondo para ser matematicamente campión do grupo 1º e selar o seu pase para a Copa de Campións.

Óscar Gilsanz, técnico deportivista, puido contar ademais cos ‘reforzos’ de Brais, Guille Bueno e Yeremay, que boa parte da temporada estiveron no Fabril ás ordes de Juan Carlos Valerón.

Cunha nutrida representación de #ANOSAFORZA nas bancadas da Cidade Deportiva, o Xuvenil A non fallou (2-0) e culminou unha temporada perfecta a pesar dos contratempos motivados pola pandemia de COVID-19.

O éxito deportivo, logrado a base de acerto no terreo de xogo e culminado con oficio nesta penúltima xornada ligueira ante un rival tamén da zona alta, deixa ademais un panorama alentador. 

Mella, titular este mediodía na máxima categoría xuvenil, é un futbolista cadete que acaba de regresar duns adestramentos coa selección española sub-16.

E a maiores, Brais, Trilli, Guille Bueno, Dani Barcia, Jairo, Nájera, Padín e Yeremay xa saben o que é ser convocado e ter minutos co Fabril en Terceira División; e mesmo participar en adestramentos e convocatorias no primeiro equipo.

Xuvenil A: Brais, Trilli, Guille, Fito, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Jairo, Noel, Nájera e Mella. Tamén xogaron: Mario, Yeremay, Do Carmo, Padín e Raúl.

Xa sen nada en xogo, o Xuvenil A pechará esta segunda fase a próxima fin de semana en Xixón ante o Sporting.

Os resultados do Xuvenil A en esta segunda parte da temporada son os seguintes:

CD Marina Sport 2 – Xuvenil A 2 (Noel -2-)
Xuvenil A 6 (Nájera -3-, Quique Teijo, Mella e Noel) – Club Bansander 0
Atlético Perines 1 – Xuvenil A 1 (Noel)
Xuvenil A 2 (Noel e Yeremay) – Real Racing Club 0

-Foto e Texto : rcdeportivo.es