O DEPORTIVO XUVENIL ENFRONTARASE AO UD ALMERÍA NA SEMIFINAL DA “COPA DO REI” EN LEÓN.

Os deportivistas chegan a “Final-four” tras remontar ante Atlético e Viillareal.

 

A sede da Real Federación Española de Fútbol acolleu este mediodía o sorteo de semifinais da Copa del Rey Xuvenil que se disputarán a próxima semana en sede única, xunto á final e o terceiro e cuarto posto: o Estadio Reino de León.

O RC Deportivo enfrontarase no penúltimo partido da competición á UD Almería, a segunda semifinal segundo as bólas extraídas polo seleccionador nacional sub-17 e campión da competición, Julen Guerrero.

As semifinais quedaron configuradas do seguinte modo:

Semifinal 1: Athletic Club – Real Madrid

Semifinal 2: RC Deportivo – UD Almería

A anterior e única semifinal de Copa para o Dépor foi na campaña 2010-11, despois de apear á Real Sociedad en oitavos e ao Real Madrid en cuartos. Naquela ocasión, o Xuvenil A foi eliminado polo FC Barcelona.

Nos próximos días, a RFEF ofrecerá toda a información sobre horarios e venda das entradas dispoñibles para a final a catro de León 2023.

O Concello da Coruña e o RC Deportivo trataron de que se xogara a fase final na Coruña pero non foi posible, e a opción leonesa levouse o final deste campionato.

 

-Foto : Castellón Sports

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com