O DEPORTIVO RESCINDE O CONTRATO CON PEDRO MOSQUERA

 

Era unha voz a berros a que decía que llle había que buscar unha saída o “Pirata de Honra”, Pedro Mosquera o ser unha das fichas máis altas da plantilla, pois como se acostuma a decir nesto do fútbol : “para deixar entrar, primeiro hai que facer sitio”.

Pedro Mosquera no tempo que estivo no clube, foi todo un SEÑOR con maiúsculas, pois primeiro perdeu diñeiro para fichar no Depor, cando chegou do Elxe, despois cumpleu co seu papel no terreo de xogo, tendo gran parte de culpa na salvación duas veces do descenso a Segunda. Logo non quixo saber dos cantos de serea, cunha oferta mareante do Valencia para irse. Sempre estivo aí, facendo equipo e axudando, se non podía ser no campo, dende o banco, sempre sen dar unha queixa. 

Agora o clube ten que desfacerse dos seus servizos por necesidade, e de seguro que non se oirá unha queixa dos seus beizos, porque é un deportivista de corazón.

O clube dábanos desta maneira a triste nova da rescisión do seu contrato : “O Real Club Deportivo tomou a decisión de rescindir o contrato que lle vinculaba con Pedro Mosquera até o final da Temporada 2020-2021, feito comunicado ao futbolista este mediodía. O Dépor quere agradecer moi sinceramente a Pedro o seu traballo e profesionalidade durante a súa etapa defendendo #asnosascores, as do equipo da súa cidade, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal”.

Dende piratasdemuxia.es e dende a Peña Deportivista “Os Piratas de Muxía”, non podemos máis que desexarlle o mellor a Pedro Mosquera e o enorme agradecemento por todo canto deu polo Deportivo, que somos todos…que tñas boa proa!!!.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies