O DEPORTIVO RENOVA A DANI BARCIA POR DUAS TEMPADAS MÁIS.

Dani Barcia unha das perlas da cantaeira.

 

O Deportivo redobra a posta por #ANOSACANTEIRA ao asegurarse polo menos por dúas temporadas máis (até xuño de 2026) a continuidade de Daniel Barcia Rama ‘Dani Barcia’ (A Coruña, 19 de xaneiro de 2003).

O central branquiazul chegou ao Dépor na temporada 2011-12, formouse desde o seu primeiro ano de benxamíns en Abegondo e pasou por todas as categorías inferiores do Club. Despois de moitas sesións de adestramento e un bo número de partidos amigables co primeiro equipo, debutou en partido oficial no Dépor en Guijuelo, con motivo da Copa del Rey da temporada pasada (2022-23).

Esta temporada, Dani Barcia, un dos integrantes do xa histórico Xuvenil A campión de España e posteriormente participante na UEFA Youth League, forma parte do primeiro cadro para todos os efectos.

É un dos internacionais en categorías inferiores da selección española, neste caso a sub-19, de Abegondo; do mesmo xeito que outros canteiráns como Kevin Sánchez, David Mella, Elena Vázquez ou Lucía Rivas, que tamén acaban de ampliar a súa vinculación co Dépor. 

 

-Foto e Texto . RC Deportivo