O DEPORTIVO LICEO SUMA A SUA 3ª SUPERCOPA DE ESPAÑA REMONTÁNDOLLE DUAS VECES O BARCELONA FC EN TERRAS CATALANAS, (3-2).

 

Deportivo Liceo 3-2 Barcelona FC

O equipo liceista proclamouse campión da Supercopa de España ao dobregar o equipo barcelonista con 3 tantos de Jordi Adroher nun choque no que se adiantaban os cataláns por medio de Hélder Nunes e Adroher igualaba antes do desacanso. Voltaban a adiantarse os cataláns no 32, pero Adroher marcaba diferenzas con outros dous tantos para alzar a sua 3ª Supercopa de España. Outra vez fronte ao Barcelona e outra vez no Ateneu de Sant Sadurní d’ Anoia.

Con este título os liceistas suman o seu 42ª título oficial, 20 nacionais e 22 internacionais, aos que lle hai que sumar 14 títulos non oficiais.

 

FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau; César Carballeira, Roberto Dei Benedetto, *Àlex Rodríguez, Jordi Adroher (quinteto inicial), Maxi Oruste, Marc Grau e Jordi Burgaya.

BARÇA: Aitor Egurrola; Ignacio Alabart, Matías Pascual, Pau Bargalló, João Rodrigues (quinteto inicial), Nil Roca, Oriol Cheas, Sergi Llorca e Hélder Nunes.

GOLES: 0-1 ( Hélder Nunes, min. 10). 1-1 (Jordi Adroher, min. 20). 1-2 ( Pau Bargalló, min. 32). 2-2 (Jordi Adroher, min. 42). 3-2 (Jordi Adroher, min. 48).

ÁRBITROS: Díaz Cosme e Sánchez García. Mostraron tarxeta azul ao liceísta *Àlex Rodríguez e ao culé Pau Bargalló.

INCIDENCIAS : Final da Supercopa de España 2021. Olímpic de l’ Ateneu (Sant Sadurní d’ Anoia).

-Foto e Ficha técnica : Paola Pérez/Deportivo Liceo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies