O DEPORTIVO LICEO RECIBE O APOIO DA XUNTA DE GALICIA, CONCELLO DA CORUÑA E FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE CONTRA A DECISIÓN DA FEP.

O Deportivo Liceo deféndese do ataque catalán.

 

Como xa vos viñemos informando nestes día o Deportivo Liceo fixo un comunicado no que facía chegar o seu malestar e repulsa sobre a decisión da Federación Española de Patinaje, (FEP) e a Asociación de Clubes de Hockei Sobre Patíns (ACHP), de regalar o Barcelona FC o título de liga sen xogarse o “Play-Off”, que se podía xogar a porta pechada con tódalas garantía. Ademáis non haberá descensos e subirán dous equipos cataláns da OKPlata, o que fará que haxa 16 equipos a vindeira tempada, todos cataláns agás o equipo liceista.

A diretiva do clube máis laureado de Galicia tivo unha xuntanza telemática na que decidiron estudar a posibilidade de disputar a Liga Portuguesa de Hoquei, o que sería beneficioso para o clube no eido económico e social, ao mesmo que para A Coruña e para o noso país, co trasego de afeccionados. Unha idea que se segue a estuder e para a que no día de onte recibía o apoio total tanto da Xunta de Galicia na persoa do secretario xeral de deporte, José Ramón Lete, que dixo que pedirán unha compensación económica a FEP polos perxuizos co clube galego, así coma do Concello da Coruña e da Federación Galega de Patinaxe, que foi taxante en verbas do seu presidente Vicente Torres, que dixo que “apoiamos ao Liceo absolutamente en todo, decida o que decida”.

Por outra banda os afeccionados e socios liceistas que este ano bateu records neste eido coa campaña do RC Deportivo na que os socios deportivistas por pouco máis podían aboarse o Deportivo Liceo, dan o seu total apoio a un Liceo que xa na competición se ve perxudicado unha e outra vez polo monopolio catalán que constitue a OKLiga.

 

-Fotos e Texto : Deportivo Liceo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.