O DEPORTIVO LICEO MANDA NA LIGA DOS CATALÁNS A PESARES DAS ARBITRAXES

 

O Deportivo Liceo na OK Liga, de hoquei a patíns, manda nunha liga na que tódolos equipos son cataláns agás o clube liceista, un dos clubes máis laureados do deporte español e o máis de Galicia.

Aquí vos traemos a crónica do propio clube da vitoria de onte, nun choque no que o adestrador Juan Copa acabou desquiciado polas axudas arbitrais o Lleida e contento coa entrega do equipo e a vitoria. Ademaís dunha tarxeta azul rigurosa, os colexiados concedéronlle un gol que non entrou aos cataláns.

Juan Copa era, ao final do choque ante o Lleida, un técnico igual de satisfeito que de enfadado. Consciente da importancia da vitoria e do tremendo esforzo realizado polos seus, o preparador liceísta cargou duramente contra a actuación arbitral de Maior e López-Leytón.

“Vimos de Europa e dunha primeira parte que alí foi tremenda, imos a todos os sitios e sempre é o mesmo. A nós, fóra de casa, non nos dan esas opcións de meternos no partido”, lamentou o herculino, en referencia ás dúas accións polémicas do final do choque –azul a Dava e o gol visitante tras tocar no patín- do pasado mércores, e que provocaron que o DeportivoLiceo tivese que sufrir nos instantes finais para levar unha vitoria que tiña no peto tras os goles de Bridge na primeira parte.

“Nós non fixemos nada no inicio do partido, si equivócanse eles, equivócanse eles, pero o certo é que logo lles pitan para compensar. Hai un penalti clarísimo a Bruno, no gol a para co patín, e despois a azul”, lembra Copa.

Sabedor de que o choque era e estaba complicado, o técnico local lembrou que “a mensaxe no último adestramento para o persoal foi só unha cousa: gañar. Por que, porque vimos dunha viaxe de Italia que xa se viu hoxe, faltáronnos forzas. 20 horas para ir e 20 horas para volver ante un equipo que descansou o fin de semana. Era unha partido trampa. Creo que fixemos unha primeira parte bastante boa, con 2-0, e quizais podiamos levar algún gol máis”.

Co encontro máis que controlado, Copa recoñece que o seu equipo concedeu demasiadas transicións tras o descanso. “Na segunda parte, e ante un equipo que non quería máis nada que collernos ao contragolpe, aprendemos a controlar o partido, pero ao comezo deixamos que nos corresen en varias accións”.

Con todo iso, Copa lamenta os minutos finais e as decisións arbitrais. “Mágoa esa última azul porque estaba o partido para 2-0 e do mesmo xeito que en Cadafell, que o gol que lles conceden non entrou, dálles a opción de sacar ao quinto xogador e aí pode pasar calquera cousa”.

Superado o susto, o técnico liceísta restou importancia ao feito de comandar a táboa a estas alturas da competición. “Mais alá de ir de ir líderes, o que queremos é ser mellores cada xornada. Sabemos que estamos nunha semana tremenda, co partido de Forte, e agora Igualada, pero toca descansar, adestrar mañá e prepararnos para outra batalla o sábado”.

-Foto e texto : Deportivo Liceo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.