O DEPORTIVO LICEO FEMININO XA É DA OK LIGA.

 

A vitoria do Deportivo Liceo Feminino ven de acadar o ascenso a OK Liga Feminina, a duas xornadas para o final de liga, todo un fito histórico no deporte coruñés e galego. Aquí vos traemos a crónica deste fito do propio Deportivo Liceo, en galego.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos/as que forman o clube verdibranco.

Un ano estraño acaba co mellor dos premios. O Deportivo Liceo dirixido por Carlos Loureiro logrou o ascenso matemático á OK Liga Feminina despois do oitavo triunfo en dez partidos. Exemplo dun traballo excepcional que, a falta aínda de dúas xornadas, suma 26 puntos de 30 posibles, 37 goles a favor e tan só 4 en contra.

 

UDC Rochapea 0-4 Deportivo Liceo

No partido do gran triunfo, fronte ao Liceo apareceu un Rochapea desgastado fisicamente (xogara contra o Alcorcón dúas horas antes) aínda que dono das primeiras ocasións do partido. Katy Guscin, na liña habitual, mostrouse máis que segura e evitou o dano. Este simulacro de accidente precedeu aos dous goles consecutivos de Beatriz Gaete (minutos 12 e 13), que xa eliminaron calquera risco de fracaso.

A primeira metade puido, iso si, acabar con tanto local. Un cuestionable azul a Cris Diz enviou a Ainara Casado ao momento da falta directa, pero Katy fíxose valer e mantivo o 0-2. Iso mesmo fixo o equipo durante os segundos 25 minutos. Dominou totalmente a acción e aproveitou o lóxico bajón físico do Rochapea, que encaixou o 0-3 nun penalti lanzado por Luchy Paz e o 0-4 noutra boa definición de Naiara Vaamonde. O ascenso a OK Liga converteuse nunha realidade.

O Liceo, xa co obxectivo cumprido, vivirá agora un amplo pero doce descanso competitivo. Salvo cambios de última hora, o próximo partido será o 13 de xuño contra o filial do Borbolla.

 

FICHA TÉCNICA
UDC ROCHAPEA: Garazi Leganoz, Iruña Lasaosa, Saioa Larrainzar, Ainara Casado, Irune Santesteban (quinteto inicial) e Ainara Errea.

DEPORTIVO LICEO: Katy Guscin, Ale Martín, Naiara Vaamonde, Bea Gaete, Luchy Paz (quinteto inicial), Andrea Ojeda, Isa Barros, Inés Temperán e Cris Diz.

ÁRBITRO: Oliver de Esteban. Mostrou tarxeta azul a Cris Diz (Deportivo Liceo).

GOLES: 0-1 (Beatriz Gaete, min. 12). 0-2 (Beatriz Gaete, min. 13). 0-3 ( Luchy Paz, de penalti, min. 39). 0-4 ( Naiara Vaamonde, min. 49).

INCIDENCIAS: Xornada 11 da OK Prata Feminina 20/21.

 

-Foto : Global Media

-Crónica en castelán : https://www.hockeyclubliceo.com