A liga portuguesa sería moito máis atractiva para o Liceo.
No día de onte xa vos facíamos chegar o comunicado de malestar do Deportivo Liceo no que se queixaba de que a Federación Española de Patinaje, (FEP) e a Asociación de Clubes de Hockei Sobre Patíns (ACHP), regalasen o Barcelona FC o título de liga sen xogarse o “Play-Off”, que se podía xogar a porta pechada con tódalas garantía. O clube máis alureado de Galicia víase como o “único” perxudicado neste eido, pero no día de onte a presidenta do Reus afirmaba que non era só o clube galego senón que o eran os 4 equipos que estaban en posto de “Play-Off”. O Reus está na 3ª praza a 12 puntos dos liceistas que van segundos. A presidenta do clube catalán chegou a decir que : “a xuntanza que din antre a FEP e a ACHP, non se celebrou e foi a federación a que decideu darlle a liga o Barcelona”.
Nunha xuntanza telemática antre os diretivos liceistas na tarde de onte, decideuse estudar a posibilidade de pedir praza na liga portuguesa, habida conta que na decisión da FEP, non haberá descensos e sí ascensos, polo que pasarían a ser 16 equipos, todos cataláns agás o Liceo. Desa maneira e tanto a nivel competitivo coma de desprazamentos a liga do país veciño sería moito máis atactiva tanto no deportivo coma no económico, para o clube e para a cidade.
-Fotos e Texto : DXT Campeón/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.