O DEPORTIVO LICEO ENGRANDECE A SUA HISTORIA E A DO DEPORTE GALEGO CA 10ª COPA DO REI DE HOCKEY A PATÍNS”.

 

Deportivo Liceo 3-2 FC Barcelona

Van dez, pero esta é especial. O Deportivo Liceo alzou a Copa do Rey 2021 #ante o público da Coruña e tras vencer a todo un Barcelona nun partido máis que excelente, digno do contexto.

A pesar do gran nivel mostrado polos xogadores de Juan Copa, sobre todo en defensa, a igualdade reinou. Exemplo da magnitude do rival. O Liceo, ao contrario que el, si gozou dun factor público que achegou ánimo sen deterse. Ambos contaron con oportunidades claras para facer o primeiro, sendo as máis importantes de Jordi Adroher, Franco Platero e Maxi Oruste. Aitor Egurrola, meta culé, detivo todas.

Non foi menos Carles Grau, que tamén anulou a Panadeiro e a Hélder Nunes. Existiu práctico equilibrio mesmo no número de faltas (8-9 ao descanso).

Bóla parada
As directas por acumulación, posibles claves para desnivelar o marcador, eran cuestión de tempo. Primeiro chegou a do Barça co exliceísta Pau Bargalló como responsable, pero a súa definición marchouse desviada. Non foi así a décima verdibranca, que materializou Jordi Adroher cunha excelente manobra.

Non foi a única alegría resultante da bóla parada. Dous minutos despois dun importantísimo gol chegou o segundo, de penalti e da man de César Carballeira. Pouco durou o bo, aínda así, porque Matías Pascual non tardou en recortar distancias. A falta de oito, empatou Ignacio Alabart.

Clave foi a acción que terminou coa azul a Rodrigues, para posteriormente ser transformada en gol por Jordi Adroher. Os últimos momentos de sufrimento valeron a pena. O Liceo coroouse campión.

FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, César Carballeira, Franco Platero, Dava Torres, Roberto Dei Benedetto (quinteto inicial), Jordi Adroher, Marc Grau, Maxi Oruste e Fabri Ciocale.

FC BARCELONA: Aitor Egurrola, Pau Bargalló, Hélder Nunes, Sergi Panadeiro, João Rodrigues (quinteto inicial), Matías Pascual, Nil Roca, Ignacio Alabart e Pablo Álvarez.

 

ÁRBITROS: Fernández García e González González. Mostraron tarxeta azul ao visitante João Rodrigues.

GOLES: 1-0 (Jordi Adroher, min. 33). 2-0 (César Carballeira, de penalti, min. 35). 2-1 ( Matías Pascual, min. 36). 2-2 (Ignacio Alabart, min. 42). 3-2 (Jordi Adroher, min. 43).

INCIDENCIAS: Final da Copa do Rey 2021. Palacio dos Deportes de Riazor.

-Foto : HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

-Texto : https://www.hockeyclubliceo.com/cronica-liceo-barcelona-copa-2021/?lang=es