O DEPORTIVO FEMININO VIAXA HOXE A MADRID PARA O ENCONTRO DE MAÑÁ ANTE O REAL MADRID E DESPOIS NA CORUÑA O SEVILLA FC EN 4 DÍAS.

O ano pasado o Deportivo Feminino remontoulle un 3-0  Tacón CF.

 

O Deportivo Feminino viaxa hoxe a Madrid para enfrontarse ao Real Madrid de Tere Abelleira, un equipo transformado totalmente tras mercar o clube capitalista o Tacón CF, ao que a pasada tempada lle remontaron un 3-0 nos derradeiros minutos de encontro, (3-4), pero que este ano é favorito o título. O equipo deportivista xogará dende ás 16:00 horas, (15:00 GMT), no campo de Valdebebas, (Madrid), para logo voltar vía avión a Coruña tralo choque, e pensar xa no encontro do vindeiro Domingo en Riazor ante o Sevilla FC.

O equipo ten mala sorte, e estalle a costar este inicio de tempada porque non chegan os resultados, e cométense erros moi sinxelos, e dilapidanse encontros coma o de Bilbao ante o Atlhetic, ou o de Barcelona ante o Español, i esto sembra as típicas dúbidas e como decía onte Manu Sánchez, adestrador do equipo : “esto aféctalle mentalmente as xogadoras”. Ante o Santa Teresa hai que engadirlle que houbo 2 penaltis clarísimos que axudaron a descentrar o equipo, (1-2).

Manu Sánchez comentaba o estado do conxunto : “O equipo está como bloqueado. O outro día nos primeiros 30 minutos foron unha imaxe de todo iso. Cousas moi sinxelas, mecanismos moi básicos no noso sistema de xogo non funcionaban. Eramos incapaces de dar tres pases seguidos. Hai unha especie de ansiedade, de bloqueo mental porque os resultados non chegan e este grupo non está afeito a estas situacións. Falámolo. Mirámonos todos á cara. Todos e todas estamos de acordo no porqué das cousas e do que está a suceder. Non queda máis que traballar para reverter a situación. Eu estou tranquilo porque confío plenamente nelas, en cada unha delas. Teño claro que isto o imos a cambiar. Non sei canto nos vai a custar pero estou convencidísimo de que o imos a cambiar porque hai moito talento e moito traballo detrás para todo isto”.

Reitera o técnico deportivista que “temos identificado prioritariamente cales son as nosas posibilidades. Tanto o corpo técnico como as xogadoras estamos de acordo que o equipo está a mostrar dúas caras en cada partido. É incomprensible, difícil de asimilar, analizar o porqué. En cada un dos catro partidos que levamos xogados combinamos momentos malos con momentos do que é este equipo, do que pode facer”.

Así, lembra que no partido contra o CD Santa Teresa “fixemos unha primeira parte horrible e en cambio na segunda o equipo non só estivo ben, senón moi ben. Fixo todo aquilo ao que nos ten afeitos e todo o que pode dar este cadro. Temos que ser capaces de traballar para desenvolver todo isto nun mesmo partido demostrando só unha cara, a cara do Deportivo ABANCA”.

Indica que “o que máis nos está custando é remontar todos e cada un dos partidos. Iso é unha esixencia física e mental moi grande”.

De feito, subliña que lle está custando arrancar na Primera Iberdrola ao equipo “simplemente porque non chegan os resultados. O equipo comete erros en determinadas situacións sinxelas. Aínda non hai ese grao de axuste das xogadoras novas coas que xa estaban aquí. Pero aínda así tanto o partido de Bilbao como de Barcelona son dous partidos que puidemos gañar tranquilamente. E non foi así. Ao final os resultados dan esa confianza necesaria para referendar o traballo semanal e non se está dando. É normal que xere dúbidas na cabeza das futbolistas e ao final cando non ganas pensas que todo o que fas está mal”.

Isto leva, segundo Manu Sánchez, a “unha falta de confianza que é moi complicado. Isto é o que estamos a traballar e o que nos queda por diante”.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia