O Deportivo Feminino trouxo un gran resultado para a Coruña

DEPORTIVO FEMININO
-PROMOCIÓN DE ASCENSO-

O Deportivo Feminino trouxo un gran resultado para a Coruña.
(Foto : rcdeportivo)
Alhama CF 0-1 Deportivo Feminino

-Gran paso das deportivistas na promoción de ascenso-

 
Tomou ventaxe na ida da primeira eliminatoria de ascenso a Liga Iberdrola, o Deportivo Feminino ante o Alhama CF, (0-1), cun tanto de Yamamoto aos 56 minutos de xogo. As pupilas de Manu Sánchez leváronse un encontro moi traballado e a vindeira fin de semana terán a oportunidade de meterse de maneira histórica na derradeira eliminatoria que pode poñer a guinda a unha tempada que xa é de por si extraordinaria. A pasada semana o clube xa despachou preto de 400 invitacións aos socios para ir a animar neste encontro o que augura que nesta semana repartirase o resto do aforo de Abegondo.
 
Deportivo ABANCA : Miralles, Cris, Patri Díaz, Iris, Silvia Mérida, Teresa Abelleira, Alba Merino, Lea, Yamamoto, Gaby e Peke. Tamén xogaron : Patri López e Nuria.

 

Alhama CF 0-1 Deportivo Feminino
 

 

O Dépor ABANCA impúxose (0-1) ao Alhama CF no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso á liga Iberdrola. A volta será o vindeiro domingo 5 de maio en Abegondo (12:00 horas).

 

Decidiu este primeiro envite un gol de Yamamoto no minuto 56, que supón un primeiro paso firme na loita polo gran obxectivo esta temporada do Deportivo ABANCA.

 

O partido transcorreu segundo o previsto, co Alhama CF encerrado no seu campo esperando os contragolpes. Na primeira parte apenas houbo ocasións de gol nas dúas porterías.

 

Após o descanso, o Deportivo ABANCA gañou en profundidade e verticalidad; e as murcianas responderon con fútbol directo á área branquiazul. Nesa faceta a gardameta Miralles mostrouse moi segura.

 

Após o gol deportivista, as pupilas de Manu Sánchez gozaron de dúas ocasións máis para sentenciar a eliminatoria, nas botas de Peke e Nuria Rábano. Non foi así e toca selar o pase na Cidade Deportiva.

 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-