O DEPORTIVO FEMININO TRÁESE UN PUNTO MOI TRABALLADO DO CHOQUE ANTE O ATLÉTICO DE MADRID, (1-1), PARA SEGUIR SOÑANDO.

Athenea del Castillo fixo o gol da igualada.

 

Atlético de Madrid 1-1 Deportivo Feminino

Manu Sánchez fixo un mínimo axuste obrigado por sanción, Bedoya por Blanco, para afrontar un boa pero difícil oportunidade para, gañando, situarse a menos dun partido de distancia a salvación. Nunha tarde calorosa, cun céspede en inmellorables condicións, os ingredientes parecían propicios para gozar dun bo partido de fútbol e as nosas non defraudaron as expectativas.

O Dépor ABANCA dominou o primeiro tempo desde o arranque aínda que as oportunidades tardaron oito minutos en chegar. Unha rápida contra conducida por Athenea a pase de Peke desde campo propio finalizouna a cántabra, soa, desde o pico da área, disparando raso ás mans de Pauline. A propia Peke, desde 20 metros no minuto 10, tirou a porta obrigando de novo a intervir á gardameta colchoneira.

Na xogada posterior chegou a primeira do Atlético nunha falta clara de Gaby, que lle supuxo a amoestación e que permitiu a Amanda Sampedro poñer un centro preciso na cabeza de Van Dongen, que remata soa na frontal da área pequena ao fondo da portería.

Pese ao mazazo, o Dépor ABANCA mantivo a liña mostrada desde o inicio e atopou a recompensa nunha xogada persoal de Athenea que gañou liña de fondo e rematou case sen ángulo para, coa colaboración de Gaby, coala entre o pau e a porteira local. Tras o tanto, susto para Sullastres, que tivo que intervir #ante un forte disparo de Luzmila nunha xogada que completou ao corte salvador Eva Divos.

O Dépor non sacou proveito do balón parado. Lorena Bedoya de falta directa, enviou ás mans de Pauline, mentres que Peke, no minuto 38, de costas, á media volta, disparou con calidade obrigando á estirada de Pauline. A última ocasión antes do descanso foi para as branquivermellas cun centro de Amanda Sampedro que rematou, alto, de espuela, Laurent.

Na segunda metade cambiaron tórnalas do partido a pesar de que o Dépor ABANCA dispuxo das dúas primeiras chegadas nada máis renovarse o xogo. A partir de aí o Atleti dominou o xogo e as chegadas mentres as branquiazuis esperaban as súas oportunidades á contra. Leicy Santos alto tras rexeite da defensea deportivista, Bernabé con rosca desde o pico da área ás mans de Sullastres, Luzmila cruzado alto, Bonetti desviado desde a frontal, ou Van Dongen tras saque de falta de Santos, protagonizaron a sucesión de ocasións locais no segundo tempo.

Ao Dépor ABANCA custoulle manter o balón en campo atlético e máis por decoro, e intentos illados de Gaby, Athenea ou a redebutante Lea, que por xogo como o exhibido na primeira parte, mantivo a esperanza de conseguir dous puntos máis. Finalmente, co equipo extenuado, conservo o que se trae de volta ata A Coruña para achegarse un pasito máis, nun campo difícil, cara á salvación.

 

Ficha Técnica

Atlético de Madrid: Pauline, Kazadi ( Bernabé, min. 36), Tounkara ( Aleixandri, min. 46), Van Dongen, Strom, Santos, Claudia ( Meseguer, min. 52), Amanda Sampedro ( Ajibade, min. 65), Knaak ( Bonetti, min. 46), Laurent e Ludmila.

Deportivo ABANCA: Sullastres, Cris, Ainoa, Iris, Villegas, Eva Divos ( Patri López, min. 48), Bedoya, Alba (Carlota, min. 72), Gaby, Peke (Lea, min. 62) e Athenea.

Goles: 1-0 Van Dongen ( min. 11); 1-1 Athenea ( min. 18)

Árbitra: Cebollada López ( c. valenciano). Amoestou a Gaby ( min. 11), Kazady ( min. 28), Van Dongen ( min. 47) e Ainoa ( min. 61).

Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada da Primeira Iberdrola, aprazado no seu día por casos de COVID-19, disputado no complexo deportivo Wanda de Alcalá de Henares.

-Crónica e Foto : rcdeportivo.es