O DEPORTIVO FEMININO SACOUSE A ESPIÑA DA “COPA DA RAIÑA” ANTE O ATLÉTICO DE MADRID, (2-3).

 

Atlético de Madrid B 2-3 Deportivo Feminino

Após o esforzo da eliminatoria copeira entre semana tocáballe ao Dépor ABANCA recuperar o pulso á regularidade coa visita á Cidade Deportiva do Atlético de Madrid. Enfronte un equipo novo e moi dinámico que aproveitou esa frescura sobre todo no arranque para non permitir que o Dépor se acomodase. A pesar diso, a primeira chegada foi visitante por mediación de Ainhoa que, pola dereita, serviu atrás a Laura para que disparase desviado porque o balón atopou a man de Alba na súa traxectoria pegada ao pau. A xogada repetiuse no minuto 30 pero nesa ocasión a gardameta sacou o balón co peito.

Entre ambas as ocasións conseguiu adiantarse o Atleti por mediación de Alba Zafra, que aproveitou un balón morto despois de xogada de estratexia para fusilar a Ana. A reacción deportivista non se fixo esperar e practicamente na xogada seguinte Laura beneficiouse da condución e pase ao espazo de Paula para internarse na área e disparar cruzado lonxe do alcance da gardameta branquivermella.

Nun partido de ida e volta, con moita batalla no centro do campo, o Dépor buscou sempre a pausa para poder buscar o seu xogo e esta foi chegando co paso dos minutos. Após varias ocasións, como unha de Carlota que bloqueou co pé a defensa a córner, chegou a vantaxe branquiazul. Un balón que no medio do campo quedou aos pés de Paula para que, á media volta, desde 30 metros e vendo o oco entre a porteira adiantada e o seu marco, anotase o 1-2 co que se chegou ao descanso. Antes puido empatar o Atleti cun pase atrás e forte disparo franco que blocou ben Ana Valles.

A segunda parte renovouse como a primeira, cun man a man entre Alba e Laura que, como 45 minutos antes, levou a gardameta local. María puido marcar tamén, pero neste caso cruzouse Yolanda Sierra para impedilo. Unha acción defensiva que minutos despois puido subir ao marcador cando Laura en carreira púxoa á área para que case marcase en propia porta o Atleti. Un saque rápido de Inés ao espazo para Ainhoa, que recortou e levou o rebote para que, case caéndose, lograse pór o terceiro no marcador, trouxo a tranquilidade ao equipo Deportivista.

Pero foi momentánea porque un disparo de Cristina Rincón que se topou no camiño coa súa homónima Martínez fixo que o balón se coase no fondo da portería de Ana Valles para revolucionar o final do partido. Pero a diferenza do comezo, o Dépor ABANCA puido baixar as revolucións branquivermellas para sumar tres novos puntos a domicilio nunha intensa semana de competición pechada do mellor modo posible.

Atlético de Madrid B: Alba, Sara (Mirian Valladolid, min. 60), Yolanda Sierra, Alba Zafra, Claudia (Laura Aguado, min. 85), Isabel Pala (Ángela Gamero, min. 85), Reyes Moreno (Alba Dargel, min. 80), Laura Teruel, Laura Tanarro, Alexia e Laura Cuadrado (Cristina Rincón, min. 60).

Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Raquel García, Inés Altamira, Andrea Sierra (Goretti, min. 65), Carlota Sánchez, Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín, María Ruiz, Laura Fernández (Adule, min. 86) e Ale Serrano (Jone Ibáñez, min. 69).

Goles: 1-0 Alba Zafra (min. 8); 1-1 Laura Fernández (min. 10); 1-2 Paula Gutiérrez (min. 36); 1-3 Ainhoa Marín (min. 84); 2-3 Cris Martínez -pp- (min. 88)

Árbitra: Contreras Patiño (c. Madrileño) Amonestou a Inés Altamira (min. 31), Isabel Pala (min. 57), Ale Serrano (min. 62) e Laura Teruel (min. 64)

Incidencias: partido da 9ª xornada de Reto Iberdrola disputado no campo 2 do Centro Deportivo Wanda de Alcalá de Henares.

-Texto e Foto : rcdeportivo.es