O DEPORTIVO FEMININO RECIBE AO GRANADA CF NA 2ª ELIMINATORIA DA “COPA DA RAIÑA”…ROLDA DE PRENSA DE INÉS ALTAMIRA.

 

O Deportivo ABANCA enfrontarase ao Granada CF na segunda eliminatoria de Copa de SM a Raíña, segundo o sorteo realizado hoxe venres na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), sede da RFEF. Do mesmo xeito que a primeira rolda, será a partido único o 10 ou 11 de novembro.

Ao ser equipos da mesma categoría, posto que o Granada CF milita no grupo sur de Reto Iberdrola, o encontro celebrarase en Abegondo posto que a bóla do Deportivo ABANCA foi extraída en primeiro lugar.

O equipo granadino marcha na quinta posición da táboa con 9 puntos, a 4 puntos do líder, o Cacereño Femenino.

Na primeira eliminatoria disputada o pasado mércores 6 de outubro, o Dépor ABANCA eliminou ao Pozuelo CF (1-9), con goles de Paula Gutiérrez -2-, Carlota, Inés Altamira, Adule, María Ruiz -2-, Aroa Guerra e Ainhoa Marín. Pola súa banda, o Granada CF apeou (1-0) ao CD Castellón, equipo tamén do grupo sur de Reto Iberdrola.

Se o Dépor ABANCA supera esta rolda pasará á terceira eliminatoria, na que xa participarán os equipos de Primera Iberdrola.

 

Rolda de prensa de Inés Altamira 

 

-Foto, Vídeo e Texto : rcdeportivo.es