O DEPORTIVO FEMININO PRECISA UNHA MIRAGRE PARA SALVAR A CATEGORÍA.

 

Ninguén pode dicir que as rapazas do Deportivo non o están a dar todo e que a situación na que se atopa o equipo estalles a pesar. Parece que o virus do primeiro equipo está a facer das suas nas féminas, pois como se deles se tratase, ten que haber unha miragre para salvar unha categoría a que chegaron con tódolos méritos. Teñen que gañar o que queda e que os seus rivais diretos erren en a lo menos dous encontros dos 3 que quedan.

O balón parado “matounas” en Huelva, un “Gol olímpico” e unha falta dende o medio do campo, destrozaron todo o ensaiado durante a semana, para acabar perdendo 3-0.

A única boa noticia para o conxunto deportivista é que ningún dos seus rivais directos venceu esta fin de semana, agás o seu rival desta xornada o Sporting Huelva que selaba a permanenza.

As deportivistas están agora con cinco puntos de desvantaxe ca salvación,  con nove por disputar, seis na casa, ante Granadilla e Athletic Club, e tres fóra fronte ao Betis, é o reto para un equipo que sempre demostrou que renderse non é unha opción que entre nos seus plans. Is mensaxes das rapazas son que “ainda hai vida”, e iso esperamos e desexamos, pois meréceno e moito

 

-Crónica do encontro : PREME AQUÍ

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia