O DEPORTIVO FEMININO LOGRA A PERMANENZA NUN GRAN ENCONTRO CUN RIAZOR ENTREGADO.

Explosiva felicidade das deportivistas.

 

Deportivo Feminino 3-1 RUT Tenerife SC

Gran encontro das deportivistas que puideron golear e que nunca deixaron reaccionar as tinerfeñas. Cando chegou o primeiro gol das de Miguel Llorente a media hora de xogo, por medio de Inés Altamira, xa dispuxeran de 3 moi boas ocasións, unha delas un testarazo o pau de Laura Fernández.

Os poucos do reinicio María Ruiz facía o segundo das deportivistas, (51´), que seguían acumulando boas ocasións de gol, e dous minutos despois Jone facía o 3-0, que facía saltar a unha bancada de Tribuna, repleta, e que non deixou un segundo de animar e levar en volandas “as nosas”.

Baixou a intensidade polo resultado e as tinerfeñas acurtaban distanzas no marcador no 63´, por medio de Saray.

Volveu a entonarse o equipo deportivista, e por duas veces tiveron o cuarto por centímetros. Un tanto que non quixo chegar a pesares de facer méritos para acadalo.

Salvación pechada, para un proxecto que sería un revés importante non acadala, e que vale para seguir crecendo e xa pensar na vindeira tempada.

 

 

-Foto . RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia