O DEPORTIVO FEMININO FICHA A CENTRAL BALEAR, INÉS ALTAMIRA.

Inés pasou do RCD Espanyol o EDF Logroño.

 

Inés Juan Altamira (Ibiza, Baleares, 30 de abril de 1994) incorpórase ao cadro do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

A defensa central balear comezou a formarse no CD Atlético Jesús, club de Santa Eulalia do Río, na illa de Ibiza. Aos 18 anos cruzou o Mediterráneo para fichar polo FC Levante Las Planas, de Sant Joan Despí (Barcelona), conxunto no que militou dúas temporadas (2012-2013 e 2013-2014), ambas na máxima categoría, no que supuxo a súa estrea na elite.

Tralo descenso do equipo barcelonés, Inés cambiou de aires dentro da propia Cidade Condal para enrolarse no RCD Espanyol. No conxunto ‘perico’, a defensa ibicenca militou durante seis campañas, todas na división de honra. Ao comezo da pasada temporada, a futbolista balear fichou polo EDF Logroño, co que disputou a súa novena temporada consecutiva na Primera Iberdrola.

Inés disputou 220 partidos na máxima categoría nacional (43 co FC Levante Las Planas, 151 co RCD Espanyol e 26 co EDF Logroño), sendo titular habitual nos seus tres últimos cursos co RCD Espanyol e na campaña pasada co EDF Logroño, club co que disputou 26 partidos de Liga e meteu 3 goles.

Onte mesmo tamén se pechaba a fichaxe de Paula Gutiérrez, ex do Barcelona e do Madrid CFF.

-Foto : www.larioja.com

-Texto : piratasdemuxia