O DEPORTIVO FEMININO EMULA Ó MASCULINO SUMANDO DE 3 EN 3.

Adule fixo o gol da sentenza do partido.

 

CE Seagull 0-2 Deportivo Feminino

As rapazas deportivistas derrotaron a outro equipo catalán, (o anterior foi o Barcelona B), para sumar 3 puntos máis e emular o arranque do Depor que vai a vitoria por encontro neste arranque ligueiro. Unha boa xogada por banda de Alba que colgou á área para que Paula Gutiérrez disparase a porta e no rexeite do seu disparo fioxese o primeiro contan só 6 minutos gastados. Ale Serrano, en duas ocasións e Inés Altamira, puidero marcar e irse o vestiario co encontro resolto, pero o gol da vitoria non chegaría ata a segunda metade.

Unha segunda metade na que as deportivistas gozaron de imnumerables ocasións de gol, pero non foi ata o minuto 68 cando a debutante Adule facía o gol que se pechaba o marcador, pero non as ocasións que seguiron tendo con branquiazul.

As rapazas deportivistas estrearon a segunda equipación do equipo neste encontro, equipación que ainda non estrearon os homes.

CE Seagull: Itziar Martínez, Laura Ariza (Blanca García, min. 46), Maitane García, Joanna Vega, Alba Gordo, Nerea Valeriano, Rocío Serrano (Ana Hernández, min. 68), Alba Pomares, Andrea Alcaide, Andrea Martínez e Paula Navas (Julia Torregosa, min. 58 -Chari Márquez, min. 77-).

Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Inés Altamira, Raquel García, Patri López (Goretti Neira, min. 73), Paula Gutiérrez, Jone Ibañez ( Eva Dios, o meu. 74), Alba (María Figueroa, min. 83), Ainhoa Marín, Alejandra Serrano (Adule, min. 73) e María Ruiz.

Goles: 0-1 Paula Gutiérrez (min. 6); 0-2 Adule (min. 68).

Árbitra: Borrás Polo (c. Catalán). Amoestou a Andrea Martínez (min. 63) e Rocío Serrano (min. 63).

Incidencias: partido dá segunda xornada de Reto Iberdrola disputada non Estadi Municipal de Badalona ante 300 espectadores, parte deles Deportivistas dás penas de Barcelona.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e ficha técnica : rcdeportivo.es