A vitoria sobre o Bilbao vale medio ascenso.
Para a vindeira fin de semana será especial na Coruña pois o sábado o Depor recibe a Cultural Leonesa en Riazor a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), pero dende ás 12:00 fora do estadio haberá festa o celebrarse o Día das peñas, con concertos, pulpeira, churrasco e despois do encontro seguirá a festa ata a madrugada. Pola mañán o Domingo, a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), o Deportivo Feminino recibe no Estadio de Riazor o CP Cacereño, e o riavl polo ascenso a Liga Iberdrola, o RCD Español visita ao Barcelona B. Unha vitoria deportivista podería significar o ascenso.
No día de onte o equipo feminino deportivista derrotaba a domicilio ao Atlhetic Club B por 0-1, cun tanto de Millene aos 66 minutos de xogo, o que fai que poidan ascender o vindeiro Domingo se gañan ou fan o mesmo que faga o Español, que como decimos visita ao filial do Barcelona, mellor equipo da liga. No caso que todo se dera mal, as deportivistas, que lle levan 4 puntos as pericas, ainda terían unha segunda bala na recámara e poderían ascender se derrotan ao Albacete o sábado 27 de Abril.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”