O DEPORTIVO FEMININO DERROTA AO ATHLETIC B, (2-1) E DASE UN IMPULSO A CABEZA DA TÁBOA.

 

Deportivo Feminino 2-1 Athletic B

O Seportivo Feminino derrotaba ao Athletic B nun Abegondo con 400 espectadores na garada e aupábase a segynda praza da clasificación. As rapazas dirixidas por Morente sacábanse así a espiña que tiñan da derrota da pasada semana no tempo de desconto. Aquí tes a crónica que nos brinda o RC Deportivo na sua páxina, traducida a nosa lingua.

Despois de sufrir a súa primeira derrota a pasada semana en Logroño, o Deportivo ABANCA retomou o camiño da vitoria ao impoñerse ao Athletic Club B en Abegondo, nun partido definido na segunda metade grazas a un penalti transformado por María Ruiz e a un postremeiro gol de Ale Serrano, ante os que non valeu nada o tanto de Landaluze na última xogada.

Ás xogadoras de Miguel Llorente hoxe custoulles entrar no partido. O filial branquivermello, colocado nun 4-1-4-1 no que é clave o labor de Maite Zubieta por diante da defensa e sobre todo a presión alta da liña de catro centrocampistas, complicou nos primeiros minutos a un impreciso Dépor ABANCA. Deste xeito, as primeiras ocasións foron para o conxunto vasco. No minuto 5, un contragolpe pola dereita con pase cara ao centro de Sara Ortega para Urzainqui, cortouno Andrea Sierra in extremis cando a dianteira visitante dispúñase a disparar no man a man con Ana Valles. Un minuto despois, Jone Amezaga disparou en boa posición pero frouxo, a mans de Ana Valles.

A partir do ecuador do primeiro tempo, o Dépor ABANCA empezou a precisar máis a súa circulación de balón e a impedir as chegadas das bilbaínas. De todos os xeitos, todos os achegamentos coruñeses resolvéronse con disparos desde a frontal do area, aínda que algúns se produciron en situación clara de atopar a portería contraria.

A primeira que o probou foi Carlota, que no minuto 20 recolleu un rexeite ao bordo da área e empalmou un dereitazo que se perdeu á dereita da portería branquivermella. Catro minutos depsués tentouno Eva Dios cun disparo bombeado que se foi lamiendo o traveseiro. Á media hora de xogo, un saque de banda rápido de Cris, que hoxe ocupou o lateral esquerdo, precedeu a unha boa triangulación entre María Ruiz, Adule e Eva Dios que culminou a canteirá cun disparo desde a frontal da área a mans de Astralaga.

A hoxe lateral esquerda, a xogadora que máis partidos disputou coa camiseta do Deportivo ABANCA, tamén tratou de ver porta no minuto 33, con outro disparo desde o bordo da área, buscando o recanto contrario, desviado por pouco. No minuto 37 foi de novo a quenda de Carlota, cun potente chute desde 25 metros a media altura, que se foi preto do poste dereito da portería bilbaína. A propia canteirá estivo preto de abrir o marcador no minuto 41, após enganchar o rexeite dun córner ao bordo da área. O balón sacou achas do pau esquerdo do portal vasco.

A segunda metade arrancou cun novo disparo afastado de Carlota. Nesta ocasión, no minuto 51, máis preto do gol que nunca. O dereitazo da mediocampista coruñesa superou a estirada de Astralaga pero foi repelido polo traveseiro.

Non transcorreran nin dous minutos cando Zuriñe derrubou a Ainhoa Marín xusto sobre a liña lateral da área, na dereita do ataque herculino. O colexiado non dubidou en sinalar o punto de penalti, desde onde María Ruiz non perdoou para adiantar ao conxunto branquiazul.

O tanto non afectou ao filial bilbaíno, que no minuto 56 estivo a piques de empatar nun remate acrobático de Landaluze ante o que respondeu Ana Valles cunha gran intervención. Con todo, o Dépor ABANCA foi capaz de arrefriar o encontro con longas posesións, retendo o esférico con boas triangulaciones e unha circulación fluída na retagarda.

Até o minuto 67 non volveu producirse un achegamento a portería. Foi após unha veloz internada de Andrea Sierra pola dereita con centro cruzado ao outro extremo, onde chegou María Ruiz para rematar con dureza sen parar. O lanzamento da dianteira andaluza, moi centrado, topouse coas mans de Astralaga. Case de inmediato, a nixeriana Adule disparou desde fóra da área á dereita do marco visitante.

Nos minutos finais, o Athletic Club B adiantou as súas liñas e comezou facerse coa pelota en campo contrario. As branquivermellas forzaron varios saques de esquina e no minuto 85, un duro lanzamento de Mariana desviouno precisamente a córner coa súa cabeza Inés Altamira.

O Dépor ABANCA tratou de sacudirse ese dominio e froito da súa ambición chegou, xa no tempo engadido, o 2-0. Carlota presionou en tres cuartos, punteou o balón e este caeu a Ainhoa Marín, que serviu en profundidade para a recentemente ingresada Ale Serrano. A valenciana definiu con mestría no man a man con Astralaga.

Aínda co partido sentenciado, o filial branquivermello non baixou os brazos e nos dous minutos restantes de prolongación estivo a piques de marcar nun canonazo de falta desde 25 metros de Maite Zubieta que Ana Valles atrapou en dous tempos e anotou o tanto da honra na última acción do encontro, ao cabecear Landaluze no segundo pau unha falta colgada á área.

 

 

Deportivo ABANCA: Ana Valles, Andrea Sierra (Goretti, min. 81), Inés Altamira, Raquel García, Cris, Paula Gutiérrez, Carlota, Eva Dios, Ainhoa Marín, Adule (Alejandra Serrano, min. 90) e María Ruiz.

Athletic Club B: Astralaga, Elexpuru, Marina Artero, Landaluze, Zuriñe (Nerea, min. 57), Maite Zubieta, Sara Ortega (Iribarren, min. 57), Mariana, Pinedo, Urzainqui (Egia, min. 83) e Jone Amezaga.

Gol: 1-0 María Ruiz, de penalti (min. 53); 2-0 Alejandra Serrano (min. 90+1); 2-1 Landaluze (min. 90+3).

Árbitro: Méndez Castro (c. galego). Cartón amarelo a Cris (min. 30), Jone Amezaga (min. 42), Maite Zubieta (min. 45), Astralaga (min. 53), María Ruiz (min. 56), Urzainqui (min. 62), Eva Dios (min. 64) e Ale Serrano (min. 90+3).

Incidencias: partido da 8ª xornada de Reto Iberdrola disputado en Abegondo ante 400 espectadores.

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es