Osasuna 2-2 Deportivo Feminino
Ía camiño de pleno de vitorias o equipo feminino do RC Deportivo cando veu como lle pasaba algo parecido ao equipo dos homes o pasado venres e sufría, nunca mellor dito, pois doi coma unha derrota, o empate no tempo de desconto.
As rapazas deportivistas remontaban o gol encaixado pasada a media hora de xogo, igualando no treito final da primeira metade, cun tanto de María Ruíz, e a media hora da segunda remontaban, con outro de Laura Fernández, pero o final a mel quedáballes nos beizos.
Crónica do RC Deportivo : PREME AQUÍ
Osasuna: Silvia, Fresneda (Torras, min. 85), Josune, María (Ochoa, min. 61), Patri Zugasti, Herrero (María Blanco, min. 85), Lara, Leyre, Vilariño (Amancay, min. 61), Anita (Vanessa Rodríguez, min. 71) e Aitana
Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Raquel García, Inés Altamira, Goretti Neira, Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Laura Fernández (Adule, min. 76), Ainhoa Marín (Carlota, min. 68), María Ruiz e Aroa Guerra (Ale Serrano, min. 79)
Goles: 1-0 María González (min. 32); 1-1 María Ruiz (min. 41); 1-2 Laura Fernández (min. 75); 2-2 Patri Zugasti (min. 90+1)
Árbitro: Azcona Aizcorbe (c. Navarro). Amoestou a Josune (min. 53), Leyre Fernández (min. 63), Urbani (min. 83) e Cris (min. 90+5)
Incidencias: Partido da 4ª xornada de Reto Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Tajonar.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia