O DEPORTIVO FEMININO BUSCA O ASCENSO NA MAÑÁN DE HOXE TELEVISADO POLA CANLE DE YOUTUBE DO RC DEPORTIVO.

 

Namentras que preto de 300 deportivistas viaxan a Castellón para o vital enfrontamento ante o equipo castellonense, (Domingo 18:00 horas/16:00 GMT), hoxe sábado a partires das 12:00 horas, (10:00 GMT), o Deportivo Feminino tentará de remontar o 2-0 adverso da pasada semana en Granada, e para eso contará co apoio da afección que en poucas horas esgotou as entradas para o enfrontamento ante o conxunto granadino. O encontro será televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo e pola App do clube.

O RC Deportivo aumentou o aforo de Abegondo cunha grada supletoria nun dos fondos,para que puideran achegarse o máixmo número de deportivistas posibles a animar as nosas, máis acostumadas ao tepe de Abegondo, polo que se prefireu que o encontro se xogase onde xogan sempre…”en Abegondo temos unha porcentaxe alta de vitorias por 2 goles ou máis. Cando tes experiencias pasadas que che din que algo se pode facer, aliméntache un pouquiño máis esa idea. No deporte as remontadas existen. A parte que sabiamos desde un inicio é que isto era un partido a 180 minutos. Daba igual coma se fosen dando as cousas, o que importa é como terminan. Agora temos 90 minutos máxicos para facer historia, para conseguir o noso obxectivo. Temos moitas ganas de vivir o de mañá. Eu teño moi boas sensacións, moi boa enerxía. E evidentemente non lle podemos garantir a nosa afección que o vaiamos a conseguir, pero o primeiro paso é crerllo e esa parte conseguímola”, comentaba Irene Ferreras.

A adestradora das nosas decía en rolda de prensa que : “agora xa é un momento para non reservarse nada e para acabar morrendo no campo se fai falta porque nos xogamos absolutamente todo e levaba moitos meses traballando para isto”, dada a importanza deste encontro no que se xoga toda unha tempada, e despois de quedar fora do ascenso direto por un só gol.

A semana pasada a mala sorte cebouse cas deportivistas que encaixaban os dous goles de vantaxe que trae o Granada en dous saques de curruncho, un o estar acabando o tempo regulamentario e o outro na derradeira xogada do desconto. Tralo gol a colexiada pitou o final.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos : RC Deportivo/Granada CF