O Deportivo estrearase ante o Elche en Riazor no seu regreso á Primeira División, o Dépor ABANCA recibindo o Sevilla e o Fabril visitando o Mérida.

O Dépor xa coñece a folla de ruta da súa esperada volta á elite do fútbol estatal. Os nosos debutarán na LALIGA EA SPORTS 2026/27, (para nós será  1ª División), recibindo ao Elche CF en Riazor, nun encontro correspondente á primeira xornada, prevista para a fin de semana do 15-16 de agosto.

Será unha estrea moi especial para o deportivismo, xa que o equipo volverá competir na onde sempre tivo que estar por historia e por afección, na Primeira División, oito tempadas despois da súa última participación na máxima categoría.

A primeira xornada da competición queda configurada do seguinte xeito:

Deportivo Alavés – Getafe CF

Atlético de Madrid – Málaga CF

RC Celta – CA Osasuna

Dépor – Elche CF

RCD Espanyol – Levante UD

FC Barcelona – Athletic Club

Real Oviedo – Villarreal CF

Real Madrid – Real Sociedad

Sevilla FC – Rayo Vallecano

Valencia CF – Real Betis

Outro dos momentos máis agardados do sorteo era coñecer as datas do regreso do derbi galego entre o Dépor e o C. de Vigo na máxima categoría. O primeiro enfrontamento disputarase na 18ª xornada, o 3 de xaneiro de 2027, no ABANCA Balaídos, mentres que o encontro de volta xogarase en Riazor o 18 de abril, correspondente á 32ª xornada.

Calendario completo : PREME AQUÍ.

-CALENDARIO DO DEPOR 1ª VOLTA-

Dépor ABANCA  e Fabril

O Dépor ABANCA e o Fabril tamén coñecen os seus calendarios. O sorteo celebrado este martes na Praza de Colón de Madrid tamén permitiu coñecer os calendarios da Liga F e da Primeira Federación.

O Dépor ABANCA iniciará a competición o 30 de agosto, tamén en Riazor, recibindo ao Sevilla FC na primeira xornada da Liga F.

Calendario completo : PREME AQUÍ.

Pola súa banda, o Fabril estrearase esa mesma fin de semana na Primeira Federación, visitando ao AD Mérida. O primeiro derbi galego para os nosos rapaces chegará na 7ª xornada, o 11 de outubro, cando recibirán ao Racing de Ferrol.

Calendario completo : PREME AQUÍ.

Con este sorteo, o deportivismo xa pode marcar no calendario as datas máis sinaladas dunha tempada que estará cargada de ilusión, co regreso do primeiro equipo á Primeira División e co obxectivo de seguir medrando tanto no fútbol feminino como na canteira.

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”