O DEPORTIVO ABANCA MEDALLA DE OURO O MÉRITO DEPORTIVO-LISTA DE TÓDOLOS PREMIADOS

PREMIOS DA GALA DO FÚTBOL GALEGO

Aquí tes como vai ser a “Gala do Fútbol Galego” tal como nolo mandan da RFGF sen deixar nada. Estes días xa vos viñemos dando nota de varios premios especiais que concernen ao fútbol da costa como pode ser o Outes CF por ser un “referente do fútbol base de Galicia”, ou mesmamente hoxe mesmo a do presidente-fundador do SD Coristanco, Manolo de López, co premio “toda unha vida”.

Tamén destacar o merecido premio da “Medalla de Ouro” ao Deportivo Feminino, que en 3 anos consigueu o que moitos levan anos e anos buscando, subir a Liga Iberdrola na que están os 16 mellores equipos de España.

O RC DEPORTIVO ABANCA FEMININO RECIBIRÁ A MEDALLA DE OURO DA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL NA GALA QUE SE CELEBRARÁ ESTE VENRES NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

A Federación recoñece deste xeito o éxito histórico do ascenso á Primeira División Liga Iberdrola femenina

Serán preto de 50 os galardóns outorgados nunha Gala que os asistentes aproveitarán tamén para coñecer a exposición “Valor e Mestrís. Galicia como Fútbol”.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

O extraordinario éxito acadado polo primeiro equipo feminino do RC Deportivo non podía pasar desapercibido na Gala do Fútbol Galego 2019 que se vai a celebrar este venres día 21 na Cidade de Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol acordou concederlle ao RC Deportivo Abanca a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, galardón que recibirá o presidente Paco Zas xunto a unha representación do equipo.

Para o club e para o fútbol feminino galego o ascenso do Deportivo á Liga Iberdrola, a máxima categoría do fútbol feminino español, representa un enorme avance e un paso decisivo de cara a evolución do fútbol feminino na nosa Comunidade. El Olivo de Vigo xa militara na primeira división, pero por aquel entón o fútbol feminino non contaba co respaldo dos grandes clubs profesionais e estaba moi lonxe do lugar que ocupa agora mesmo. Aquel foi un gran primeiro paso que seguiron outros clubs.

Desde a RFGF queremos recoñecer a aposta realizada polo RC Deportivo polo fútbol feminino, o traballo do corpo técnico e das xogadoras e sobre todo queremos recoñecer a relevancia deste éxito para todo o fútbol feminino galego.

O presidente do club, Paco Zas, e unha representación do equipo recollerán o galardón durante a Gala. Serán o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, os que lle fagan entrega da Medalla.

Lista de premiados

Durante a Gala a RFGF premiará a clubs que destacan polo seu gran traballo de canteira. Un premio que se concede a un club por cada Delegación e que este ano recae en: Oza Juvenil (Delegación A Coruña), Narón O Freixo (Ferrol), A Piringalla (Lugo), Outes FC (A Costa), EFM Boiro (Santiago), Club Juventud Cambados (Pontevedra), UD Ourense (Ourense) e AD Vila do Corpus (Vigo). Tamén se distingue a un club de fútbol sala que igualmente destaca polo seu traballo de base: Áncora D’Ouro de Marín.

Ao igual que nos últimos dous anos, a Federación premia a un club que está vinculado a un centro educativo no que a ensinanza en valores está por enriba dos intereses deportivos. Este ano o premiado é o Sagrado Corazón CF de Pontevedra.

Premios Galicia en Goles

Durante a Gala do Fútbol Galego a Radio Galega entregará os premios do seu programa deportivo das fins de semana: “Galicia en Goles”. En este bloque de galardóns recoñécese aos mellores xogadores da tempada no Celta, Depor e Lugo (Maxi Gómez, Edu Expósito e Lazo respectivamente) a criterio dos corresponsais do Galicia en Goles, así como ao mellor xogador dos equipos galegos de Segunda B (Brais Pereiro do Rápido de Bouzas), o máximo goleador dos equipos galegos de Segunda B, premios que este ano comparten Ibán Salvador do Celta B e Manu Justo do Coruxo, os dous con 10 goles marcados. David Álvarez, do CD Barco, foi o elixido como mellor xogador do Grupo 1 da Terceira División, Zulema González como a mellor árbitro e o Laracha como o equipo máis deportivo en base ás tarxetas recibidas durante a tempada.

Mencións Especiais

A Federación concede unha serie de mencións especiais a persoas ou entidades que merecen un recoñecemento por diferentes motivos.

Ramiro Carregal é o premiado este ano no apartado de patrocinador polo seu decidido e constante apoio ao fútbol e ao deporte en Xeral. Xaime Escudeiro recibe unha merecida homenaxe polo seu traballo ao longo dos anos en prol do fútbol galego desde a súa profesional como xornalista deportivo. As seleccións de fútbol gaélico (campioa de Europa a femenina e subcampioa a masculina) tamén terán o seu recoñecemento, así como a afección da SD Fisterra, sempre fiel ao seu equipo e incansable no ánimo. O autor do libro “O fútbol da terra”, Robert Willemse, recibierá o premio “Cultura Galega” pola extraordinaria promoción que da nosa cultura realiza a través das fermosas imaxes que compoñen esta espectacular publicación.

E un dos premios más importante da Gala é a Mención ao Xogo Limpo. En este caso a distinción recae no equipo infantil do AD Montecastelo de Vigo. Dous xogadores do equipo foron expulsados nun partido e o club decidiu renunciar ao ascenso “tratando de conservar os nosos valores educativos por enriba de calquer motivación competitiva”, tal e como comunicaron á Federación. Todo un exemplo no que mirarse e un modelo a seguir no fútbol base.

Premios Toda Unha Vida

O principal sentido desta Gala, e polo que realmente naceu, é o desexo da Xunta Directiva da RFGF de recoñecer como merecen a labor que realizan as persoas anónimas que ano tras ano, con moitos sacrificios e cun excepcional compromiso, sen recibir nada a cambio, traballan para sacar adiante os seus clubs. Son os premios “Toda Unha Vida” que este ano recaen nas seguintes persoas:

O árbitro José Ángel Varela Bargueiras, de Lugo; o directivo de A Fervenza Fútbol Sala José Ángel Veiga Vilaboa; o adestrador Gabriel Leis Veiga (Gabi Leis); o xogador Manuel Araújo, que con 67 anos continúa xogando no Vilariño Veteranos; e a título póstumo a RFGF quere homenaxear a Manuel Pazos, porteiro cambadés que xogou no Celta, Real Madrid, Hércules, Atlético de Madrid ou Elche, e que faleceu este ano.

No apartado de directivos ou colaboradores de clubs os premios “Toda Unha Vida” 2019 recaen en: Eligio Nogueiras López, presidente do Marino CF de Mera (A Coruña); José Antonio López Doce “Tonecho” directivo da SD O Val (Ferrol), José Montero Fernández, presidente do San Roque (Lugo), Manuel Vecino Serra, presidente do Coristanco (A Costa), José Andrés Castro Figueira, expresidente do Cordeiro CF (Santiago), Antonio Pintos Camiña “Toñito Forrollo”, eterno utilleiro e colaborador do Unión Dena (Pontevedra), Manuel Cabaleiro Camiña, médico durante moitos anos e tamén directivo do CD Ourense e logo da UD Ourense (Ourense) e Manuel Nguema, incansable colaborador do Pereiró (Vigo).

A todos estes premios súmanse as medallas de ouro a Iago Aspaz e ao RC Deportivo Abanca, e algunha outra condecoración da que informaremos nos vindeiros días.

GALA DO FÚTBOL GALEGO 2019

CIDADE DA CULTURA DE GALICIA, SANTIAGO DE COMPOSTELA

21 DE XUÑO 2019

20:00 HORAS

DISTINCIÓNS FÚTBOL E FÚTBOL SALA BASE

DELEGACIÓN

PREMIADO

A Coruña

OZA JUVENIL SD

Ferrol

SDC y R. NARÓN O FREIXO

Lugo

ADC A PIRINGALLA

A Costa

OUTES CF

Santiago

EFM BOIRO

Pontevedra

CLUB JUVENTUD CAMBADOS

Ourense

UD OURENSE

Vigo

AD VILA DO CORPUS

Fútbol Sala

ÁNCORA D’OURO FS

DISTINCIÓNS A CLUB VINCULADO A CENTRO EDUCATIVO

PREMIADO

AD SAGRADO CORAZÓN CF (PONTEVEDRA)

PREMIOS “GALICIA EN GOLES”

PREMIOS GALICIA EN GOLES

PREMIO

PREMIADO

Mellor xogador do Celta

MAXI GÓMEZ

Mellor xogador do Depor

EDU EXPÓSITO

Mellor xogador do Lugo

LAZO

Mellor xogador 2ªB

BRAIS PEREIRO (RÁPIDO BOUZAS)

Máximo goleador 2ªB (10 goles)

Trofeo Antonio Tarrío

IBÁN SALVADOR (CELTA B)

MANU JUSTO (CORUXO)

Mellor xogador de 3ª

DAVID ÁLVAREZ (CD BARCO)

Mellor árbitro

ZULEMA GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Trofeo Quinocho á Deportividade

LARACHA CF

MENCIÓNS ESPECIAIS (RFGF)

CATEGORÍA

PREMIADO

PATROCINADOR

RAMIRO CARREGAL (FRINSA)

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

XAIME ESCUDEIRO (RADIO GALEGA)

FÚTBOL GAÉLICO

SELECCIÓNS GALEGAS

XOGO LIMPO

AD MONTECASTELO

MELLOR AFECCIÓN

SD FISTERRA

CULTURA GALEGA

ROBERT WILLEMSE (AUTOR LIBRO “O FÚTBOL DA TERRA”)

PREMIOS “TODA UNHA VIDA”

CATEGORÍA

PREMIADO

ARBITR0

JOSÉ ÁNGEL VARELA BARGUEIRAS (LUGO)

FÚTBOL SALA

JOSÉ ÁNGEL VEIGA VILABOA (Comarcal A Fervenza FS)

ADESTRADOR

GABRIEL LEIS VEIGA

XOGADOR

MANUEL ARAÚJO (VILARIÑO VETERANOS)

XOGADOR

MANUEL PAZOS GONZÁLEZ (A TÍTULO PÓSTUMO)

PREMIOS “TODA UNHA VIDA” DIRECTIVOS / COLABORADORES

DELEGACIÓN

PREMIADO

A Coruña

ELIGIO NOGUEIRAS LÓPEZ (MARINO CF DE MERA)

Ferrol

JOSÉ ANTONIO LÓPEZ DOCE “TONECHO” (SD O VAL)

Lugo

JOSÉ MONTERO FERNÁNDEZ (CSD SAN ROQUE)

A Costa

MANUEL VECINO SERRA (SD CORISTANCO)

Santiago

JOSÉ ANDRÉS CASTRO FIGUEIRA (CORDEIRO CF)

Pontevedra

ANTONIO PINTOS CAMIÑA “TOÑITO FORROLLO” (UNIÓN DENA)

Ourense

MANUEL CABALEIRO FABEIRO (CD OURENSE / UD OURENSE)

Vigo

MANUEL NGUEMA (EDVM PEREIRÓ)

PREMIOS “MEDALLAS DE OURO AO MÉRITO DEPORTIVO DA RFGF”

MEDALLA OURO

RC DEPORTIVO ABANCA (FÚTBOL FEMININO)

MEDALLA OURO

IAGO ASPAS JUNCAL (RC CELTA) – (FÚTBOL MASCULINO)


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies