O DEPORTIVISMO ÚNESE A AXUDA ECONÓMICA PARA QUE O UNIONISTAS DE SALAMANCA POIDA TER UN CÉSPEDE DE HERBA NATURAL E PODER CUMPRIR AS OBRIGAS DA RFEF.

O Reina Sofía rematouse este ano.

 

Ante a negativa do Concello de Salamanca a axudar ao Unionistas de Salamanca a realizarlle as obras de un tepe de herba natural no “Reina Sofía”, a resposta do deportivismo foi inmediata, e ademáis de pedir a axuda dos deportivistas ca cantidade que poidan, para que se leve a cabo, e non se vexa cortada de sesgo o crecemento do clube.

A Federación de Peñas do RC Deportivo xa fixo chegar unha cantidade monetaria o clube salmantino, así coma os Riazor Blues, e outras peñas deportivistas. Todo para axudar a un clube exemplo no fútbol español, co “0” en débeda e que foi creado polos afeccionados salmantinos ca desaparición do Salamanca, e que é sufragado polos socios, qiue son todos eles donos do clube. Tanto é así do que chamamos “Fútbol Popular”, que fai uns meses a diretiva do Unionistas, ante a pérdida dunha subvención, os propios diretivos envolsaron a cantidade da mesma, o considerárense culpables de non haber presentado a documentación en tempo para a mesma.

Na campaña iniciada polo clube “unionista” ás 16:00 horas deste mércores xa levaban recadados 300.000 euros..

Dende o vindeiro ano na 1ª RFEF non poderá haber equipos con céspede artificial, e no caso de que ascendesen a Segunda División, tampouco están permitidos.

-Foto : El Norte de Castilla

-Texto : piratasdemuxia