O Deportivismo saca músculo cunha celebración estratosférica que da a volta o mundo.

Cando se trata de estar para as boas e as malas aí estamos, chegamos a tocar fondo e sumando quilos de “merda” por enriba pero aí estivemos, Escotet colleu o mando e sacounos da “3º de merda”, subimos a Segunda, consolidouse o proxecto, tras ese ano de aprendizaxe e crecemento dos rapaces, prometeu que máis tarde que cedo estaríamos de novo na elite, e así foi, e a inicio de curso na entrega das enseñas de ouro do clube, prometeulle aos máis vellos que pronto voltarían a ver o equipo en Europa, e a primeira pedra xa está posta, ascenso e celebración descomunal.

A semana pasada o deportivismo desembarcou en Valladolid por milleiros, a grande maioría sen entradas, e na Coruña a Policia Local estimou en en torno os 52.000 deportivistas que se congregaron na zona de Riazor e aledaños, pero o de onte foi unha vez máis extratosférico, Milleiros de deportivistas déronse cita dentro do campo, na zona de Riazor e xa desde primeiras horas na fonte de “Catro Camiños”, lugar de celebracións do deportivismo na que ao chegar o equipo trala festa que se orgañizou no estadio, trala invasión” dos afeccionados no terreor de xogo, o equipo chegou a un Catro Camiños no que non cabía un alfinete, nin na propia fonte nin en toda a contorna da mesma.

Paseo marímo de Riazor antes do encontro.

Unhas imaxes as de todo o día que foron nova en todo o mundo futbolístico, ca marcha dos afeccionados escoltando o bus na previa do encontro así coma nas vividas durante todo o día e a noite, ata a madrugada.

Espectaculares tamén as imaxes e que viVImios ca Praia de Riazor iluminada de bengalas de chicote a chicote.

.

 

 

O clube denunciou os actos vandálicos

Na avalanha sobre o terreo de xogo o máis normal sería saltar, quitar a foto ou vídeo e abrazarse cos amigos, pero no medio houbo que sacou de recordo cachos de céspede, e as porterías levaron a rede, un anaquiño de Riazor, pero houbo ademáis destrozos en asentos. Unha conducta que non ten nada que ver ca celebración da inmensa maioría dos 30.000 afeccionados que houbo no campo. O clube sacou un comiunicado denunciando estes malos actos. Podes velo AQUÍ.

Agora toca desconectar e deixar de lado o fútbol e estar atentos as novas incorporacións do equipo.

.

-Foto paseo Riazor : César Quiá, (La Voz de Galicia)

-Fotos, vídeos e texto : Os Piratas de Muxía/Xosé Búa “Pirata”