O DEPORTIVISMO RECLAMA QUE SE POÑA A VENDA A CAMISETA ROSA DE IAN MACKAY.

 

Gustou a primeira equipación que a nova marca de deportes Kappa, que vestirá o equipo branquiazul ata 2026, diseñou para esta tempada. Tamén gustou a segunda e decepcionou a moitos a terveira, pero nas redes sociais e no “boca a boca”, o deportivismo reclama que se poña a venda a camiseta rosa que loce Ian Marckay na maioría dos encontros. Ata agora nos oficiais en todos, na pretempada tamén usou unha de cor amarela.

Unha camiseta con historias

A vestimenta de cor rosa que loce o coruñés Ian Mackay, ten duas historias. A primeira é a da cor, un homenaxe do meta deportivista a sua nai que morreu de cancro de peito no 2012, e a tódolas/os que loitan contra esta lacra, que a él lle tocou sufrir por partida dobre cos seus proxenitoes. Dende ese ano cando militaba no Sabadell, viste de cor rosa nos encontros. Tódolos equipos polos que pasou cumpriron o seu desexo de ter camiseta rosa, e ata este ano o RC Deportivo tivo que mover fíos ca marca Kappa para que utilizase esta vestimenta, pois non está antre as diseñadas para os metas, que son de cor amarela e vermello. Por iso non aparece como unha opción de compra.

A segunda historia é que na espalda leva o seu apelido Mackay, seguido das letras L e D, que son os nomes das suas fillas Lara e Daniela, que o acompañan e axudan para matre a porta a cero.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies