O deportivismo xa quenta motores para unha xornada que promete ser histórica en Riazor. A afección branquiazul vivirá este Domingo 31 de maio unha gran previa deportivista organizada pola Federación de Peñas do RC Deportivo, Old Faces e Riazor Blues, coincidindo co derradeiro encontro da tempada fronte á UD Las Palmas ás 18:30 horas.
A programación da festa arrancará ás 11:00 horas na Rúa San Juan, onde se desenvolverá a previa ata as 16:00. Entre as 13:00 e as 15:00 haberá concertos dos grupos Komando Kombate e Trapallada, poñendo banda sonora a unha xornada que se agarda unha vez máis multitudinaria.
O momento máis agardado chegará ás 16:00 horas coa marcha deportivista desde o Campo da Leña ata o estadio de Riazor para recibir o autobús do equipo nun ambiente que promete ser espectacular como de costume ou máis.
O encontro terá tamén interese competitivo malia que os nosos xa certificaron o ascenso a Primeira División a pasada semana. O noso Depor aínda teñen opcións de proclamarse campión de liga se conseguen vencer ao conxunto canario e o Racing de Santander non gaña o seu partido ante o Cádiz CF, equipo no que milita o deportivista Lucas Pérez, que de seguro terá un interese especial.
Pola súa banda, a UD Las Palmas xogará en Riazor coa necesidade de sumar para asegurar a súa presenza no play-off de ascenso, polo que se espera un partido intenso e cun gran ambiente nas bancadas, para as que as entradas de público se venderon nun par de horas.
Tralo encontro a festa trasladarase a fonde de Catro Camiños nde o equipo fará a sua visita mítica de cada vez que se logra algo importante.
A pasada semana a Policía Local do Concello da Coruña afirmou que nos prolegómenos do encontro ante o Valladolid de tralo encontro do ascenso, déronse unha cita de deportivistas de máis de 52.000 persoas que se deron cita na zona de Riaozr e Catro Camiños. Hai que ter en conta que sempre tiran polo baixo.
.
-Foto : El Sereno Indiscreto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Cartel : Federación de Peñas RC Deportivo
