Preto de 5.000 socios xa se fixeron co abono para a 2020/21 nun día. 4.073 renovados e 861 novas altas. A afección do Depor non entende de categorías, polo que todo apunta a que este ano seremos máis ca o ano pasado e esperamos e desexamos que con Javier Tebas fora do fútbol español.
PRIMEIRA
COTA DE RESERVA: 50 euros
No caso de que toda a temporada se
disputase a porta pechada, a Cota de
Reserva será a única a pagar en todo o
ano e o abono asimilarase á figura de Socio
Amigo, garantindo a antigüidade como
socio e, neste caso especial, ademais, a
localidade, xunto co resto de vantaxes
asociadas ao carné do Dépor durante
todo o ano. Os packs familiares, dado
que inicialmente só realizan o abono de
50 € en concepto de cota de reserva do
pack completo, para que todos os abonos
incluídos no pack sexan asimilables á
figura de Socio Amigo, sería imprescindible
abonar os 50 € correspondentes por cada
integrante de devandito pack para poder
garantir, do mesmo xeito que o resto de
abonados, a antigüidade e asento de cada
un. Pola contra, estes abonos entenderíanse
non renovados
A Cota de Reserva non é reembolsable
en ningún caso, pero si se descontará
integramente da segunda cota ou Cota de
Abono.
APLICACIÓN DO
PLAN DE COMPENSACIÓN
A aqueles abonados da Temporada
2019/2020 que no Plan de Compensación
de Abonos escolleron a opción 4:
“Moedeiro Dépor Abonos”, aplicaraselles a
compensación que lles corresponde sobre
a segunda cota ou Cota de Abono, á que
previamente xa se lle descontou o importe
pago en concepto de Cota de Reserva.
SEGUNDA
COTA DE ABONO
Importe por determinar en función dos
partidos que resten da Temporada 20·21 co
aforo completo garantido.
No momento en que se determine a segunda
cota, Cota de Abono, deberá ser pagada
no tempo e forma que se marque e se
comunique convenientemente desde o Club.
No caso de que o socio non execute o pago
desta segunda cota, non se completaría a
súa xestión para adquirir a súa condición
de abonado da Temporada 20·21, o que
conlevaría a perda da localidade.
Sempre que a segunda cota ou Cota de
Abono, tras facer o cálculo sobre o prezo
anual en base á porcentaxe de partidos
que poderá gozar o abonado, sexa superior
ao importe da primeira cota ou Cota de
Reserva, haberá que abonar a diferenza
resultante unha vez descontado o importe
da devolución a aqueles socios que elixiron
a opción 4 no Plan de Compensación de
Abonos 2019-2020.
-Foto e Texto : Piratasdemuxia/RC Deportivo