O DEPORTIVISMO HOMENAXEOU A LUCAS PÉREZ NO MINUTO 7 NUN DÍA NO QUE O EQUIPO ACABOU CON 7 XOGADORES DE 22 ANOS PARA ABAIXO.

Polo estadio víronse pancartas de apoi a Lucas.

Un total de 22.297 afeccionados foron os que pasaron polos rolos para ver o encontro encontro antw o Levante en Riazor a pesares do tempo desapacible, do que daba para a volta, xa que máis da metade somos socios de fora da Coruña, e repartidos por toda Galicia e poblacións limítrofes ca mesma. No minuto 7 e durante ese minuto Riazor púxose en pé e aplaudeu durante 60 segundo nunha homenaxe ao home que anticipou o seu cariño polo Depor aos cartos, un feito que deu a volta o mundo. Consigueu que o equipo voltase o fútbol profesional e por asuntos persoais e unha relación tirante cunha parte da diretiva decideu irse para estar máis preto do seu fillo que vive ca sua ex parella en Madrid.

Todo o noso cariños e gratitude a Lucas e o desexo de que todo lle vaia do milloriño en tódolos ámbitos da sua vida. Sen o que fixo polo seu cariño o Depor nada do que estamos vivindo sería posible.

Xusto tralo minuto houbo un pequeno “Directiva dimisión”, de uns segundos como crítica aos culpables de que Lucas se fose dunha maneira pouco ortodoxa despois do que fixo polo clube e por todos nós.

O Depor caeu ante o Levante nun encontro no que mereceu máis pero dous erros groseiros de falla de entendemento antre defensa e porteiro, o segundo máis grave e tras haber empatado merecidamente, pero o mellor do encontro foi ver a 7 rapaces menores de 22 anos no partido, Diego Gómez, o retornado que debutaba, (20 anos), Kevin Sánchez, (19), Mella, (19), Yeremay, (22), Gauto, (20), Mario Soriano, (22), Obrador, (20).

Minuto de silencio

Adicouse un minuto de silencio a nosa amiga e fundadora dos Veteranos do Depor, Mari Carmen Presas, que tamén fundou a Peña Deportivista “Saco” de Betnzos e foi vicepresidenta da Federación de Peñas, así coma ao ex diretivo do RC Deportivo, Manuel Raposo, (1979-1987).

 

AMBENTE EN RIAZOR O DESCANSO

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies