O deportivismo ensina músculo : “O Depor pecha a campaña de abonos con 29.854 socios.”

O RC Deportivo anunciou o peche da campaña de aboados ca cifra de 29.854 socios dos que 27.637 teñen asento en Riazor. Ainda que o campo ten 32.490 localidades o clube está obrigado a deixar libres en torno as 4.000 para venta en taquilla e compromisos do club con entidades e patrocinadores, antre outros, ese é o motivo que que haxa un tope de abonados inferior a capacidade do estadio, con todo iso este ano subise a cifra con respecto o ano pasado en en torno aos 600.

O deportivismo ensina músculo de apoio a pesares de normas particulares, e falar do Depor non é falar da Coruña, e falar de Galicia e dun sentimento que non se pode explicar.

Troco de asento

Agora só queda aberta a posibilidade de troco de asento con cita previa ata o mércores 12 de agosto, día do Teresa Herrera, despois dende o luns 17 ao venres 21 os trocos poderán facerse en cita previa.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”